George Berkeley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
deriva o seu nome
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 9:
Un dos seus obxectivos principais foi combater o [[materialismo]], teoría dominante na súa época. Aínda que as súas teorías foron ridiculizadas, algúns, como S. Clarke, considerárono un xenio. Pouco despois visitou Inglaterra onde foi recibido por [[Addison]], [[Pope]] e [[Steele]]. No período entre [[1714]] e [[1720]] alternou os seus traballos académicos con viaxes por Europa. En [[1721]] recibiu un doutorado en [[teoloxía]], e decidiu permanecer no Trinity College de Dublín dando clases de [[Teoloxía]] e [[Hebreo]]. En [[1724]] fixérono [[deán]] de [[Derry]].
 
Durante este período concibiu o proxecto de fundar nas [[illas Bermudas]] un colexio para evanxelizar os [[nativo]]s de [[América]]. Estaba convencido de que Europa atopábasese atopaba condenada a unha inevitábel decadencia moral. Debido a iso a civilización e a relixión só podían sobrevivir se se levaban a pobos xoves. En [[1728]] partiu dende Inglaterra con dirección a América. Pasou tres anos en [[Rhode Island]], esperando as axudas que lle prometeran. Porén estas non chegaron, e en 1731 voltou a Inglaterra. Durante os tres anos que residiu en Rhode Island –onde comprou unha fábrica e construíu unha casa- Berkeley escribiu o ''Alcifrón'' ou o filósofo insignificante contra [[Shaftesbury]], e en 1734-1737 ''The Querist''.
En 1734 Berkeley foi nomeado bispo da pequena [[diocese de Cloyne]], en Irlanda. En [[Cloyne]], dedicado á realización de obras filantrópicas e morais, Berkelley permaneceu ata poucos meses antes da súa morte, ocorrida en 1753. Unha epidemia que se produciu entre 1739 e 1740 serviu de ocasión para que o bispo Berkeley escribise –e máis tarde publicase, en 1744- “A Siris, cadea de reflexións e investigacións filosóficas sobre as virtudes da auga de alcatrán, e outros distintos temas vinculados entre si e que xorden uns de outros”.