Inmaculada Concepción: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ligando nai
Xoacas (conversa | contribucións)
m Ligazóns
Liña 2:
O [[dogma]] da '''Inmaculada Concepción''' é un artigo de fe do [[Catolicismo]] que sostén a crenza en que [[Virxe María|María]], nai de [[Xesús]], a diferenza de todos os demais seres humanos, non foi alcanzada polo [[pecado orixinal]] senón que, desde o primeiro instante da creación da súa [[alma]], estivo libre de todo [[pecado]].
Non debe confundirse esta doutrina coa da maternidade virxinal de María, que sostén que Xesús foi concibido sen intervención de home e que María permaneceu [[Virxindade|virxe]] antes, durante e despois do parto.
 
Ao desenvolver a doutrina da Inmaculada Concepción, a Igrexa católica contempla a posición especial de María por ser [[nai]] de Xesús de Nazaret e sostén que Deus preservou a María libre de todo pecado e, aínda máis, libre de toda mancha ou efecto do pecado orixinal, que había de transmitirse a todos os homes e mulleres por ser descendentes de [[Adán]] e [[Eva]], en atención a que ía ser a nai de Jesús, que é tamén Deus. A doutrina reafirma coa expresión "chea es de graza" (''Gratia Plena'') contida no Saúdo do Anxo (Lc. 1,28) e na oración do Ave María este aspecto de ser libre de pecado pola graza de Deus.