Arte bizantina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Carronada (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
m Ligazóns
Liña 4:
A impronta romana, o gusto polo luxo, a suntuosidade e a proporción herdados da cultura grega deu lugar a unha arte imperial-relixiosa presidida pola idea do dogmático e por unha concepción xerarquizante e simbólica da arte na que as formas e as técnicas respondían a unhas normas fixas, segundo un preciso e inmutable contido teolóxico, no que Deus e o emperador quedaban no mesmo rango no nivel representativo.
 
Os templos bizantinos tiñan planta centralizada cunha gran [[cúpula]] central como un trasunto arquitectónico da bóveda celeste, conservando en xeral a organización da [[basílica]] paleocristiá. O [[iconostasio]] separaba o [[presbiterio]] das naves, constituíndo un lugar específico para as imaxes. Usualmente utilizaba como material de construción o [[tixolo]], como os romanos, pero acentuando a súa función decorativa, empregando frecuentemente o a[[rcoarco de medio punto]] e as cubertas abovedadas.
 
Os edificios no interior amosaban unha decoración suntuosa a base de mosaicos, esmaltes, ourivería, teas e un longo etcétera. Exteriormente predominaba a verticalidade e conxugación de rectas e curvas.
 
A [[escultura]] bizantina renovou as formas e os motivos decorativos. Pictograficamente a forma de [[Cristo]] seguiu o modelo sirio de melena longa e barba partida, representado frecuentemente como [[Pantocrátor]]. A [[virxeVirxe María|Virxe]] tiña unha tipoloxiatipoloxía máis variada con formas como a [[kiriotissa]], [[hodigitria]], [[theotokos]], [[galactotrofusa]] e [[glycofilusa]] entre as máis frecuentes.
 
[[Categoría:Arte bizantina]]