Filipe V de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 25:
 
Aínda que a maioría dos países aceptaron o novo rei, o Emperador Leopoldo negouse a facelo, a considerar que o [[Carlos VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|Arquiduque Carlos de Austria]], o seu segundo fillo, tiña máis dereitos ao trono. Pouco despois, [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], recoñecía que os dereitos sucesorios á Coroa de Francia do seu neto segundoxénito, o novo rei de España, permanecían intactos. A pesar de que a posibilidade de que Filipe herdase o trono francés era remota, xa que o fillo de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]], o Gran Delfín gozaba dunha excelente saúde, e o fillo deste e irmán maior de Filipe, estaba tamén en idade de reinar e casado, a perspectiva dunha unión de Coroas de España e Francia baixo a Casa de Borbón, pilotada dende a corte de Versalles, era temida polo resto de potencias. Ante esta situación, Inglaterra-Escocia, as Provincias Unidas (ambos os dous países baixo a autoridade de [[Guillerme III de Inglaterra]], Rei de Inglaterra e Escocia e [[estatúder]] das Provincias Unidas), e os Habsburgo austríacos, asinaron en setembro de 1701, o [[Tratado de A Haia (1701)|Tratado de A Haia]].
Previamente, o rei francés establecera unha alianza formal co elector de Baviera no [[Tratado de Versalles (1701)|tratado de Versalles de marzo de 1701]],<ref>[http://books.google.com/books?id=b4UBAAAAQAAJ&lr=&as_brr=3&hl=es&pg=PA175#v=onepage&f=false Thomas Henry Dyer, 'The history of modern Europe from the fall of Constantinople: in 1453, to the war in the Crimea, in 1857, Volume 3,', Ed. J. Murray, (1864), pág.175]</ref> e en setembro de 1701, Luís XIV logrou que Filipe V se casase con [[María LuisaLuísa Gabriela de SaboyaSavoia]], que se convertería no seu maior apoio nos difíciles momentos que pronto terían lugar; xa o seu irmán, o [[Luís de Francia, duque de Borgoña|duque de Borgoña,]] casara coa irmá de [[María Luísa de Orleans|María Luísa]], co que o matrimonio das dúas irmás con dous irmáns ía dirixido a lograr unha alianza con Savoia e a facilitar a entrada francesa en Italia.
 
En maio de 1702, a Grande Alianza de Haxa declarou a guerra a Francia e España, dando así comezo a [[Guerra de Sucesión Española]] ([[1702]]-[[1714]]).