Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Portugal»

arranxiños
(arranxiños)
 
==Traxectoria==
Era fillo do rei [[Luís I de Portugal|Luís Filipe]] e da princesa [[María Pía de SaboiaSavoia]], filla de [[Víctor Manuel II]], rei de [[Italia]].
 
Carlos converteuse en rei o 10 de outubro de [[1889]]. Home intelixente pero propenso á extravagancia, as políticas, despilfarros e amoríos extramaritais de Carlos selaron o destino da monarquía portuguesa. Os tratados coloniais co [[Reino Unido]] (un asinado en agosto de 1890, que definiu as súas fronteiras africanas ao longo do Zambeze e o Congo, e outros asinados o 14 de outubro de 1899 que confirmaban os tratados coloniais do século XVII) estabilizaron a situación en África. En política interior, [[Portugal]] foi declarada en bancarrota dúas veces -o 14 de xuño de 1892, e novamente o 10 de maio de 1902 - causando disturbios industriais, antagonismo con socialistas e republicanos, e a crítica da prensa á monarquía. Carlos respondeu ao nomear a João Franco como primeiro ministro e subsecuentemente aceptando a disolución do Parlamento.
52.499

edicións