Luís Rial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 1631643 de 84.78.69.123 (conversa)
Xoacas (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 1631641 de 84.78.69.123 (conversa)
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Empezou traballando nos anos sesenta na [[SER]], logo pasou a [[Radiocadena Española]] e en [[1973]] comeza a traballar como correspondente de [[Radio Nacional de España]] en [[Galicia]], con sede en [[Santiago]]. Alí permanece ata [[1985]] cando pasa a integrar o cadro de traballadores da recén creada [[Radio Galega]]. Na emisora pública galega realizou diversos traballos como reporteiro e enviado especial a países da emigración. Durante moitos anos foi o presentador dunha sección dos magazines da fin de semana chamada ''Galicia en festas'', e que despois se converteu en programa de seu baixo o título ''Un día de radio''. A partir de [[2005]] dirixe e presenta o [[late show]] ''A hora golfa'', en emisión de madrugada, que foi o seu último programa ata que a dirección da radio decidiu a súa xubilación ao facer os 65 anos. Tras levar a xuízo á Compañía de RadioTelevisión de Galicia, esta veuse na obriga de o readmitir deica finais do ano 2010. Malia a súa veteranía no ente público (que ten entre as súas misións institucionais prioritarias un correcto uso da nosa lingua e a súa difusión), teimou sempre no emprego dun galego moi deficiente, inzado de castelanismos (lingua á que este locutor se translada constantemente), moi trabucado na asignación do xénero aos substantivos (adoita outorgarlles o xénero que teñen noen castelánespañol), que non discerne entre os pronomes "che" e "te", caracterizado por antepoñer sistematicamente o pronome á forma verbal de xeito incorrecto (con toda probabilidade, tamén debido á influencia do españolcastelán) e polo uso de tempos compostos co verbo "haber", así mesmo ao xeito castelán.
 
==Galardóns==