Banda Municipal de Silleda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
 
=== Recuperación e nova formación ===
[[Ficheiro:Banda de música de Silleda (1985).jpg|thumb|A Banda en 1985]]
Silleda queda sen banda de música. Terían que pasar 8 anos para que de novo unha formación levase o nome de Silleda por toda [[Galicia]]. Sería en [[1985]] cando botase a andar de novo a banda. Pero habería que remontarse ao [[14 de outubro]] de [[1984]], cando tres músicos acordaron, na [[Festa da castaña de Breixa|Festa da Castaña]] en [[Breixa, Silleda|Breixa]], xuntar de novo aos músicos que no seu momento formaran a banda. Entre estes tres músicos atopábase '''Félix Tomé Fernández''', flautista da antiga formación e retornado da emigración, que puxo todo o seu empeño por rescatar a agrupación e xunto con Aurelio Cuiña Vence, coñecido como Lito de Cuiña, membro da empresa Cuiña, darlle o impulso necesario para conseguir o seu obxectivo. Músicos de [[Bermés, Lalín|Bermés]], Mato, [[Vilatuxe, Lalín|Vilatuxe]] e da formación desaparecida acuden á súa chamada e comezan os ensaios o [[26 de xaneiro]] de [[1985]], tendo como local os antigos galpóns da [[Semana Verde de Galicia| Semana Verde]] de Silleda. Baixo a batuta de José Fernández García, procedente de Bermés, os 26 integrantes, entre os que destacaron o percusionista Remigio Montoto e o clarinetista José Suárez (no momento da formación ambos na Banda de [[Lalín]]), o bombardinista Jesús Ferreiro, o tuba Manuel Montoto (retornado da Artística de [[Merza, Vila de Cruces|Merza]]) e o tamén clarinetista Luis Pardo, entre outros, comezan a actuar en [[maio]] dese mesmo ano co gallo da celebración da Semana Verde, onde tocarán 5 días. Festas como [[Saídres, Silleda|Saídres]], Silleda ou O Castro servirán como escaparate da nova formación. Nos anos seguintes comeza a gañar de novo popularidade, superando as 50 actuacións por toda Galicia. Subvencionada pola Fundación Semana Verde, pasa a selo en [[1989]] polo Concello de Silleda. Nesta mesma data toma as rendas da formación o xoven músico Manuel Molinos, trompetista e profesor de conservatorio, actualmente director da Banda de [[Noia]] e da Coral Polifónica Trasdeza de Silleda. Coa batuta nas súas mans, a Banda acada un promedio de 75 a 80 actuacións por ano no trienio [[1990]]-[[1992]]. En [[1994]] asume a dirección José Ángel Presa Carrera e tras el pasarían pola dirección Javier Viceiro Filgueira ([[1997]]), o [[Valencia|valenciano]] Octavio Más Arocas ([[1999]]) e José Luis Represas Carrera ([[2004]]), ata o actual director, o [[Alacant|alacantino]] Rafael Agulló Albors, que dirixe a formación desde [[2006]].