Diferenzas entre revisións de «Hüsker Dü»

m
sen resumo de edición
m (bot Engadido: da:Hüsker Dü)
m
'''Hüsker Dü''' foi unha influínte banda de rock fundada en Minneapolis-St. Paul, [[Minesota]], estaba formada por [[Bob Mould]] ([[guitarra]] e voz), [[Greg Norton]] ([[baixo]]) e [[Grant Hart]] ([[batería (instrumento musical)|batería]] e voz).
 
Hüsker Dü foi unha das máis importantes bandas do underground estadounidense durante os anos 80. Cunha sonoridade innovadora e revolucionaria, a banda é sinónimo de ''power trio'', e é citada como influencia por nomes tan dispares como [[Pixies]], [[Dinosaur Jr]], [[The Lemonheads]], [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], [[Soul Asylum]] e [[Foo Fighters]].
== Biografía ==
Formado en St. Paul, Minnesotta por [[Bob Mould]] ([[guitarra]] e voz), Greg Norton ([[baixo]]) e Grant Hart (batería e voz), Hüsker Dü (nome sacado dun xogo de mesa dinamarqués, que significa en [[lingua danesa|danés]] "lémbrase vostede?") comezou tocando hardcore inspirado e influenciado pola escena californiana. Coas composicións e voces a cargo de [[Bob Mould]] e Grant Hart, o inicio da carreira da banda foi marcado por un son agresivo e rápido, que lembraba a bandas como [[Blag Flag]] e [[Dead Kennedys]]. Co tempo, o son da banda foi facéndose máis elaborado, a clave dese cambio foi o álbum duplo ''Zen Arcade'' de [[1984]], e a partir daí, Hüsker Dü converteuse en punto de referencia para o chamado rock alternativo durante os anos 80 e 90.
62.802

edicións