Camillo Benso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 4:
 
== Biografía ==
Fillo do marqués Michel Benso de Cavour e de Adèle de Sellon, dama de orixe [[suíza]]. [[PiamontePiemonte|PiamontésPiemontés]] aristocrático de ideas liberais, durante a súa mocidade estudou na Academia Militar, chegando a ser oficial de Enxeñeiros. Pouco apegado á vida militar, deixou o exército e dedicouse a viaxar ao estranxeiro estudando o desenvolvemento económico dos países máis industrializados como [[Francia]] e [[Inglaterra]], documentándose en tódalas innovacións relacionadas con calquera campo. Aos 22 anos foi nomeado alcalde de Grinzane, localidade na que a súa familia tiña terras. A localidade mudou de nome e pasou a chamarse [[Grinzane Cavour]] como agradecemento a Camillo Benso, que foi o seu alcalde durante 17 anos.
 
=== Os seus comezos en política===
Liña 12:
 
=== Reformas económicas ===
Unha vez acadado este cargo, o conde de Cavour consagrouse ao fortalecemento económico e industrial do [[Reino de Sardeña]], favorecendo a construción de ferrocarrís, estradas e iniciando a construción do túnel do [[Frejus]]. Revitalizou a agricultura coa introdución de novos cultivos, a realización de obras de mellora e a construción de canles de rega. Favoreceu a creación dunha industria [[siderurxia|siderúrxica]] e o fornecemento da [[industria téxtil|téxtil]]. Reformou o exército a través do seu colaborador, o xeneral [[Afonso La Marmora|La Marmora]], e ordenou a construción dun arsealarsenal marítimo en [[La Spezia]].
 
=== Política interna===
En política interna foi o artífice da orde monárquica constitucional, tódalas súas reformas estaban ditadas polo seu desexo de impedir calquera tipo de insurrección democrática ou republicana. Partidario acérrimo da afirmación de [[Charles de Montalembert]], «''Igrexa libre en Estado libre''», preocupouse de redimensionar o poder da Igrexa, e promoveu a construción de fogares para a infancia, e mantivo unha loita tenaz contra os [[Compañía de Xesús|xesuítas]], que detentabantiñan o monopolio nas tarefas educativas.
 
Conseguiu que se aprobase unha lei que suprimía as ordes monásticas contemplativas e que abolía os privilexios da ''manomorta'' e do foro eclesiástico. Esta lei provocou un grande escándalo e tropezou coa oposición do rei, quen forzou a dimisión de Cavour, na chamada crise Calabiana ([[26 de abril]] de [[1855]]). Tras uns días, con todo, o rei tivo que volver chamar a Cavour para o mesmo posto, pero o proxecto de lei tivo que ser abandonado en parte.
Liña 22:
[[Ficheiro:Francesco Hayez 041.jpg|thumb|left|Retrato de Cavour, obra de [[Francesco Hayez]]]]
 
En política exterior foi un político hábil, aínda que ás veces estivo acompañado pola fortuna. O seu obxectivo era crear un estado forte no norte de Italia baixo a coroa da [[Casa de Savoia]], pero descubriu que para acadar ese obxectivo, o [[PiamontePiemonte]] debía obter apoios das potencias europeas. En [[1854]] estoura a [[guerra de Crimea]]: Francia e Inglaterra, aliadas con [[Turquía]], loitaban contra [[Rusia]], que facía esforzos por espallar a súa hexemonía na [[balcánsBalcáns|península balcánica]]. Cavour ofreceu a axuda do PiamontePiemonte ás grandes potencias, enviando a [[Crimea]] un corpo de exército.
 
Non resultou sinxelo obter a autorización para a expedición por parte do Parlamento de Turín: non se entendía a razón pola que piamontesespiemonteses debían morrer defendendo intereses turcos nunha zona na que o PiamontePiemonte non tiña ningún interese que defender. Pero ao participar na guerra no lado dos vencedores, o PiamontePiemonte foi admitido á mesa de negociacións como aliado de dúas grandes potencias: Francia e Inglaterra.
 
En [[1856]] asinouse a paz no Congreso de [[París]], coa presenza do representante de [[Austria]]. Cavour non obtivo compensación algunha pola súa participación na guerra, pero conseguiu que unha das sesións fose adicada expresamente a discutir o problema italiano: puido así defender publicamente a idea de que a represión dos gobernos reaccionarios e a política do [[Imperio Austrohúngaro]] eran os auténticos responsables das inquietudes revolucionarias que se estaban formando en toda a península e que estas revoltas poderían constituír unha ameaza para todos os gobernos de [[Europa]].
 
Así, Cavour chamou a atención de tódalas potencias europeas sobre a cuestión italiana; para ter éxito tería que conseguir interesar polo menos de xeito especial nalgunha delas. En [[1858]] entrevistouse con [[Napoleón III]] (favorable a intervir a favor dos italianos a pesares de escapar milagrosamente con vida ao atentado do patriota emiliano [[Felice Orsini]]) en [[Plombières]] para ratificar un tratado defensivo-ofensivo fronte aos [[Habsburgo]]. En [[1859]] estoura a guerra que enfronta por unha banda a Francia e ao PiamontePiemonte e por outro a Austria. A guerra permitiu a anexión de [[Lombardía]], pero os franceses interromperon a guerra antes do previsto, asinando un armisticio con Austria no Tratado de Villafranca. Cavour, como protesta, demitiudimitiu. Malia a oposición de [[Víctor Manuel II]], en [[1860]] Cavour volveu ocupar o cargo de Presidente do Consello.
 
Cuns estratéxicos movementos políticos e coa axuda do goberno británico, conseguiu obter o recoñecemento dos plebiscitos que se celebraron en [[Toscana]], nos ducados de [[Módena]] e [[Parma]] e nos Estados Pontificios para a anexión do Reino de Sardeña. Para continuar obtendo o apoio francés no seu proxecto, que xa era o de unificar a península italiana, cedeu a Francia a cidade de [[Niza]] e [[Savoia]]. De xeito non explícito axudou a [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]] a organizar a expedición dos Mil, e logo, coa escusa de deter a ese perigoso revolucionario obtivo o permiso de Francia para ocupar os [[Estados Pontificios]], agás a cidade de [[Roma]].
Liña 37:
 
==Véxase tamén==
*[[Pai da nación]].
 
[[Categoría:Presidentes do Consello de Ministros de Italia]]