Javier de Burgos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traducido desde o artigo da wikipedia en castelán.
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Javier de burgos.jpg|thumb|right|Javier de Burgos nun grabado de 1837.]]
'''Francisco Javier de Burgos y del Olmo''' ([[Motril]], [[Granada]], [[22 de outubro]] de [[1778]] ?- [[Madrid]], [[22 de xaneiro]] de [[1848]]), político, xornalista, dramaturgo e tradutor [[Andalucía|andaluz]].
 
De familia nobre aínda que non adiñeirada estaba destinado a servir á Igrexa, pero abandonou pronto os estudos relixiosos en [[Granada]], trasladándose a [[Madrid]] para adicarse aos estudos de xurisprudencia. Coa invasión [[Napoléon Bonaparte|napoleónica]] pasou ao seu servizo ocupando en [[Andalucía]] distintos cargos. Dada a súa condición de afrancesado, en [[1812]] trasladouse a [[París]] onde completou a súa formación mediante o estudo das obras dos clásicos, [[Horacio]] principalmente, do que traduciu ao [[castelán]] as súas obras. Esta tradución de Horacio foi comentada á súa vez por Andrés Bello nun celebrado artigo sobre a tradución. Bello cualifica a Javier de Burgos de «débil tradutor y excelente comentarista de Horacio». Anos máis tarde, en [[1844]] publicou unha revisión desta obra que coas súas imperfeccións segue sendo un referente, entre outras cousas pola utilización da estrofa sáfica en versos soltos.