Blogomillo: Diferenzas entre revisións

transformo ligazón en referencia
Contido eliminado Contido engadido
m lig int
transformo ligazón en referencia
Liña 6:
O [[15 de decembro]] de [[2003]] nacía ''Capítulo 0'', o blog persoal do tamén xornalista [[Manuel Gago]], considerada na actualidade a bitácora máis antiga do blogomillo que segue en activo<ref>[http://www.manuelgago.org/blog/ Capítulo 0]</ref> (dato inserido en agosto de 2010). Precisamente o termo '''blogmillo''' foi creado por María Yáñez para dar conta da aparición do blog de Manuel Gago (''"outra vaca no blogmillo"''<ref>[http://todonada.blogspot.com/2003_12_01_archive.html#107151470829394192 Outra vaca no blogmillo], ''Todo Nada''.</ref>.
 
O [[1 de marzo]] de [[2008]] publicábase en papel e electronicamente o primeiro volume colectivo de integrantes do blogomillo, ''Proxecto Identidade''<ref>[http://www.blurb.com/bookstore/detail/188262?utm_source=badge&utm_medium=banner&utm_content=280x160 Proxecto Identidade]''</ref>, un libro xurdido da colaboración de 54 persoas con cadansúa bitácora. Na publicación aparecen persoas xa previamente coñecidas no ámbito cultural galego como [[Estíbaliz Espinosa]], [[Mario Regueira]], [[Rosa Enríquez]], [[Marcos S. Calveiro]] ou [[Alfredo Ferreiro]] ao carón doutras anónimas. Nel atópanse relatos, poemas, fotografías e ilustracións onde se enfoca o concepto de identidade desde diferentes perspectivas.
 
Dous meses máis tarde, o [[31 de maio]] de 2008, nos Pendellos de [[Agolada]] tivo lugar a primeira reunión de membros do blogomillo considerado como colectivo específico de blogueiros e blogueiras, a ela acudiron representantes de 20 bitácoras e outras tantas persoas sen bitácora propia.