Blogomillo: Diferenzas entre revisións

Suprimo o dato da avoa blogueira, porque escribía en castelán
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Suprimo o dato da avoa blogueira, porque escribía en castelán
Liña 1:
O '''blogomillo''' ou '''blogmillo''' é o microuniverso das [[blog|bitácoras]]s existentes en [[lingua galega|galego]]. É similar ao termo "[[blogosfera]]" para referirse ao universo das bitácoras publicadas na rede. Na web [[Blogaliza]] pódese ver unha listaxe de bitácoras en galego así como as súas actualizacións e arquivos [[xml]] para subscricións. Non é este o único catálogo de blogs, pois tamén existe [[Blogalego]]]. Ámbalas dúas contan coa dispoñibilidade de aloxamento de blogs.
 
==Historia==
Liña 6:
O [[15 de decembro]] de [[2003]] nacía ''Capítulo 0'', o blog persoal do tamén xornalista [[Manuel Gago]], considerada na actualidade a bitácora máis antiga do blogomillo que segue en activo<ref>[http://www.manuelgago.org/blog/ Capítulo 0</ref> (dato inserido en agosto de 2010). Precisamente o termo '''blogmillo''' foi creado por María Yáñez para dar conta da aparición do blog de Manuel Gago (''outra vaca no blogmillo''<ref>[http://todonada.blogspot.com/2003_12_01_archive.html#107151470829394192 Outra vaca no blogmillo</ref>.
 
O [[1 de marzo]] de [[2008]] publicábase o primeiro volume colectivo de integrantes do blogomillo, ''[http://www.blurb.com/bookstore/detail/188262?utm_source=badge&utm_medium=banner&utm_content=280x160 Proxecto Identidade]'', un libro xurdido da colaboración de 54 persoas con cadansúa bitácora. Na publicación aparecen persoas xa previamente coñecidas no ámbito cultural galego como [[Estíbaliz Espinosa]], [[Mario Regueira]], [[Rosa Enríquez]], [[Marcos S. Calveiro]] ou [[Alfredo Ferreiro]] ao carón doutras anónimas. Nel atópanse relatos, poemas, fotografías e ilustracións nos queonde se enfoca o concepto de identidade desde diferentes perspectivas.
 
Dous meses máis tarde, o [[31 de maio]] de 2008, nos Pendellos de [[Agolada]] tivo lugar a primeira reunión de membros do blogomillo considerado como colectivo específico de blogueiros e blogueiras, a ela acudiron representantes de 20 bitácoras e outras tantas persoas sen bitácora propia.
 
A comunidade de bitácoras en galego contou dende o [[15 de xullo]] de 2008 coa blogueira máis vella de Internet, a muxiá de 97 anos María Amalia López <ref>Xornal ''[[De luns a venres]]'' martes 15.07.2008, páxina 5 ([http://lv.galiciae.com/pdf_files/15072008compendio_4.pdf])</ref>.
 
==Ligazóns externas==