Blogomillo: Diferenzas entre revisións

Amplío o artigo.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Aprofa (conversa | contribucións)
Amplío o artigo.
Liña 1:
O '''Blogomillo''' é o microuniverso das [[blog|bitácoras]] existentes en [[lingua galega|galego]]. É similar ao termo "[[blogosfera]]" para referirse ao universo das bitácoras publicadas na rede.<br>
Na páxina de [http://www.blogaliza.org Blogaliza] pódese ver un listado de bitácoras en galego así como as súas actualizacións e arquivos xml para subscricións. Non é esta a única páxina de blogs galego, pois tamén existe [http://www.blogalego.com/ Blogalego]. Ámbalas dúas contan coa disponibilidadedispoñibilidade de aloxamento de blogs.
 
O [[27 de decembro]] de [[2003]] nacía [http://www.manuelgago.org/blog/ Capítulo 0], o blog persoal de [[Manuel Gago Mariño]], considerada na actualidade a bitácora máis antiga do blogomillo que segue en activo (dato inserido en agosto de 2010).
 
O [[1 de marzo]] de [[2008]] publicábase o primeiro volume colectivo de integrantes do blogomillo, ''[http://www.blurb.com/bookstore/detail/188262?utm_source=badge&utm_medium=banner&utm_content=280x160 Proxecto Identidade]'', un libro xurdido da colaboración de 54 persoas con cadansúa bitácora. Na publicación aparecen persoas xa previamente coñecidas no ámbito cultural galego como [[Estíbaliz Espinosa]], [[Mario Regueira]], [[Rosa Enríquez]], [[Marcos S. Calveiro]] ou [[Alfredo Ferreiro]] ao carón doutras anónimas. Nel atópanse relatos, poemas, fotografías e ilustracións nos que se enfoca o concepto de identidade desde diferentes perspectivas.
 
O [[31 de maio]] de [[2008]] nos Pendellos de [[Agolada]] tivo lugar a primeira reunión de membros do blogomillo considerado como colectivo específico de blogueiros e blogueiras, a ela acudiron representantes de 20 bitácoras e outras tantas persoas sen bitácora propia.
 
A comunidade de bitácoras en galego contou dende o [[15 de xullo]] de 2008 coa blogueira máis vella de Internet, a muxiá de 97 anos María Amalia López <ref>Xornal ''[[De luns a venres]]'' martes 15.07.2008, páxina 5 ([http://lv.galiciae.com/pdf_files/15072008compendio_4.pdf])</ref>.
 
 
 
==Notas==
380

edicións