Diferenzas entre revisións de «Corporación de Radio e Televisión de Galicia»

m
a RG comezou a emitir antes da TVG
m (a RG comezou a emitir antes da TVG)
O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecera a normalización da [[lingua galega]], dunha banda o conselleiro da Presidencia, [[Xosé Luís Barreiro Rivas]], era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente [[José Manuel Romay Beccaría]] era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG ainda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concurriran polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigüa, tan só os nacionalistas do [[BNPG]]-[[PSG]] e [[EG]] estaban totalmente a favor da súa creación. O [[11 de xullo]] de [[1984]] aprobouse a Lei de Creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia<ref>[http://www.crtvg.es/CRTVG/Docs/Lei_de_Creacion_da_CRTVG.pdf Texto da lei (PDF)]</ref>
 
A [[TVG]] e a [[Radio Galega]] iniciaron as súas emisións en xullo de [[1985]] e foron o primeiro medio audiovisual e radiofónico en emitir en lingua galega toda a súa programación.
 
Na actualidade a CRTVG xestiona as cadeas de radio Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio ([[DAB]] e [[TDT]]) e as canles de televisón [[TVG]], [[G2]], TVG Europa e TVG América, emitindo as dúas últimas canles por satélite. Ademais TVG América tamén emite por [[TDT]] e G2 exclusivamente por TDT.
4.504

edicións