Taoísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m bot Modificado: it:Taoismo
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: be-x-old:Даасізм; cambios estética
Liña 2:
!style="background:#ccf; border-bottom:1px solid" colspan=2 align=center|Taoísmo
|-
|align=right|[[Lingua chinesa]]:||道教道教
|-
|align=right|[[Pinyin]]:||Dàoxiào
Liña 8:
|align=right|[[Wade-Gilles]]:||Tao-chiao
|-
|colspan=2 align=center style="border-top:1px solid;text-align:center"|[[Ficheiro:Yin yang.svg|200px]]<br />O Yin-Yang, ou [[Taixi]], diagrama frecuentemente<br />utilizado para simbolizar o Taoísmo.
|}
 
Liña 19:
* As manifestacións da tradición relixiosa [[China|chinesa]], de carácter popular, que integran elementos da [[relixión]] Taoísta, do [[Confucianismo]] e do [[Budismo]].
 
== O ''Tao'' do Taoísmo ==
'''Taoísmo''' ou '''Daoísmo''' ([[lingua chinesa|chinés]]: transcricións [[pinyin|py]] Dàoxiào, [[Wade-Gilles|W-G]] Tao-chiao) é xeralmente descrito como unha [[filosofía]] e [[relixión]] [[Asia|asiática]], aínda que tamén se diga que non é ningunha das dúas, senón un aspecto da sabedoría chinesa. Traducido literalmente, significa "o ensino do [[Tao]]" . No contexto taoísta, 'Tao' pode ser entendido como un camiño no espazo-tempo -a orde en que as cousas acontecen-. Como termo descritivo, pódese referir ao mundo real na historia -algunhas veces nomeado como o "gran Tao"- ou, anticipadamente, como unha orde que se debe manifestar -a orde moral de Confucio ou Lao Tse ou Cristo, etc.- Un tema no pensamento chinés primitivo é ''Tian-dao'' ou camiño da natureza (tamén traducido como "ceo", e ás veces "Deus"). Corresponde aproximadamente á orde das cousas de acordo coa lei natural. Tanto o "camiño da natureza" canto o "gran camiño" inspiran o afastamento estereotípico taoísta das doutrinas morais e normativas. Así, pensado como o proceso polo cal cada cousa se torna o que ela é (a "Nai de todas as deusas") parece difícil imaxinar que temos que escoller entre calquera valor do seu contido normativo - polo tanto pode ser visto como un principio eficiente de "vacío" que sustenta confiabelmente o funcionamento do universo.
 
O taoísmo é unha tradición que, co seu tradicional contraste, o confucianismo, modelou a vida chinesa por máis de 2.000 anos. O taoísmo enfatiza a espontaneidade ou liberdade da manipulación socio-cultural polas institucións, linguaxe e prácticas culturais. Como o concepto confucianista de goberno consiste en facer que todos sigan o mesmo tao moral, manifesta anarquismo -defendendo esencialmente a idea de que non precisamos de ningunha orientación centralizada-. As especies naturais seguen camiños apropiados a elas, e os seres humanos son unha especie natural. Seguimos todos por procesos de adquisición da sociedade diferentes normas e orientacións, e non obstante, podemos vivir en paz se non procuramos unificar todas estas formas naturais de ser. Así, o taoísmo representa de moitas maneiras a antítese do concepto confucianista referente a deberes morais, cohesión social e responsabilidades gobernamentais, mesmo que o pensamento de [[Confucio]] inclúa os valores taoístas e o inverso, como se pode ler nos [[Anais de Confucio]].
 
== Orixes do Taoísmo ==
 
Tradicionalmente, o Taoísmo é atribuído a tres fontes principais:
Liña 34:
[[Ficheiro:DaoTao.png|250px|thumb|Tao en chinés. Tao refírese ao camiño do Taoísmo e ao universo.]]
 
== O ''Dao De Xing'' ==
''Artigo principal: [[Dao De Xing]]''
 
O ''Dao De Xing'' , ou ''Tao Te Ching'', foi escrito nunha época de aparentemente incesantes guerras feudais e conflitos constantes. O significado literal do título é aproximadamente "Camiño da Virtude Clásica" ou tamén como "o Libro do Camiño e da Virtude".
 
Segundo a tradición (largamente rexeitada polos estudosos modernos), o autor do libro, [[Lao Tse]], era un oficial menor da corte dun emperador da [[Dinastia Zhou (1122 AC - 256 AC)|dinastía Zhou]]. Tornouse desgostoso coas intrigas triviais da vida na corte, e partiu soíño en viaxe polas vastas terras ao oeste. Cando estaba prestes a pasar polos portións do último posto avanzado do oeste, un garda, tendo ouvido sobre a súa sabedoría, pediulle que escribise sobre a súa filosofía, e o ''Dao De Xing'' foi o resultado. Lao Tse reflexionaba sobre un camiño a seguir pola humanidade, que puxese fin aos conflitos e ás guerras. Chegou a algunhas páxinas de versos curtos, que se tornaron o ''Dao De Xing''. Ese é o libro que orixinou o Taoísmo. A evidencia académica suxire que o texto foi tomando forma ao longo dun grande período na China pre-Han e circulou en varias versións e coleccións editadas ata a ser padronizado logo despois da era Han.
 
== Filosofía Taoísta ==
 
* Do Camiño xurde '''un''' (aquel que está consciente), de cuxa consciencia pola súa vez xorde o concepto de '''dous''' (''yin'' e ''yang''), dos cales o número '''tres''' está implícito (ceo, terra e humanidade); producindo finalmente por extensión a totalidade do mundo como o coñecemos, '''as dez mil cousas''', a través da harmonía das [[teoría dos cinco elementos|Wuxing]]. O Camiño encanto pasa polos cinco elementos do Wuxing é tamén visto como circular, actuando sobre si mesmo a través da mudanza para simular un ciclo de vida e morte nas dez mil cousas do universo fenoménico.
* Actúa de acordo con natureza, e con sutileza en lugar de forza.
* A perspectiva correcta será atopada pola actividade mental da persoa, ata chegar a unha fonte máis profunda que guíe a súa interacción persoal co universo (vexa 'wu wei' abaixo). O desexo obstrúe a habilidade persoal de entender O Camiño (vexa tamén [[karma]]), moderar o desexo xera contento. Os taoístas consideran que cando un desexo é satisfeito, outro, máis ambicioso, brota para substituílo. En esencia, a maioría dos taoístas sente que a vida debe ser apreciada como ela é, en lugar forzala a ser o que non é. Idealmente, non se debe desexar nada, "nin tampouco non desexar".
* Unidade: ao percibir que todas as cousas (inclusive nós mesmos) son interdependentes e constantemente redefinidas pola mudanza das circunstancias, pasamos a ver todas as cousas como elas son, e a nós mesmos como apenas unha parte do momento presente. Esta comprensión da unidade lévanos a unha apreciación dos feitos da vida e do noso lugar neles como simples momentos milagrosos que "apenas son".
* Dualismo, a oposición e combinación dos dous principios básicos Yin e Yang do universo, é unha grande parte da filosofía básica. Algunhas das asociacións comúns con Yang e Yin, respectivamente, son: masculino e feminino, luz e sombra, activo e pasivo, movemento e quietude. Os taoístas consideran que ningún dos dous é máis importante ou mellor que o outro, na verdade, ningún pode existir sen o outro, porque eles son aspectos equiparados do todo. Son en última análise unha distinción artificial baseada na nosa percepción das dez mil cousas, polo tanto é só a nosa percepción delas a que realmente muda. Ver [[taixi]].
 
=== Wu Wei ===
 
Moito da esencia do Tao está na arte do ''[[wu wei]]'' (actuar polo non-actuar). Porén, isto non significa "espere sentado que o mundo caia no seu colo". Esa filosofía describe unha práctica de se realizar cousas a través da acción mínima. Polo estudo da natureza da vida, vostede pode influenciar o mundo do modo máis fácil e menos disruptivo (usando a fineza en vez da forza). A práctica de seguir a corrente do río en vez de ir contra ela é unha ilustración; unha persoa acada moito máis non por loitar e se debater contra a auga, mais permanecendo queda e seguindo á corrente do río.
 
O ''Wu Wei'' funciona a partir do momento en que confiamos no "deseño" humano, perfectamente axustado para o noso lugar na natureza. Noutras palabras, confiando na nosa natureza en vez da nosa racionalidade, nós podemos atopar felicidade sen unha vida de loita constante contra forzas reais e imaxinarias.
Liña 57:
* Unha persoa pode aplicar esa técnica no activismo social. En vez de apelar a que outros tomen parte por unha causa -- sexa cal for a súa importancia ou validez --, pódese entender que simplemente considerando na causa, e deixando a súa crenza manifestarse nas súas accións, está asumindo a súa parte na responsabilidade polo movemento social. Indo coa corrente, por dicir así, co río (que neste caso é un paradigma social).
 
== A relixión Taoísta ==
 
Aínda que os aspectos relixiosos específicos non se mencionan no [[Tao Te Ching|Tao Te King]] ou Zhuang Ci, á medida en que o taoísmo se espallou pola poboación da China, mesturouse con algunhas crenzas preexistentes, como a [[Teoría dos Cinco Elementos]], a [[alquimia]] e o [[culto aos ancestrais]]. O [[budismo chan|Budismo chan chinés]] tamén foi directamente influenciado por filosofias taoístas. Por fin, elementos do taoísmo combináronse con elementos do [[Budismo]] e do [[Confucianismo]] na forma do [[Neo-Confucionismo]]. Tentativas de alcanzar maior [[lonxevidade]] eran un tema frecuente na maxia e alquimia taoístas, con varios [[feitizos]] e pocións, aínda existentes, con ese propósito. Moitas versións antigas da [[medicina chinesa]] eran enraizadas no pensamento taoísta, e tanto a medicina chinesa moderna como as [[artes marciais chinesas]] son tamén de varios xeitos baseadas en conceptos taoístas, como o [[Tao]], o [[Qi]], e o equilibrio entre o [[Yin yang]] e o [[Yin yang]].
 
Co tempo, a absoluta liberdade dos seguidores do taoísmo pareceu ameazadora á autoridade dalgúns gobernantes, que incentivaron o crecemento de seitas máis comprometidas coas tradicións confucianistas. Unha igrexa taoísta formouse ao fin da [[dinastía Han]], por [[Zhang Daoling]]. Moitas seitas evolucionaron a través dos anos, mais a maioría traza as súas orixes a Zhan Daoding, e gran parte dos [[templos]] taoístas modernos pertence a unha ou outra desas seitas. As [[igrexas]] taoístas incorporan panteóns enteiros de divindades, incluíndo Lao Tse, Zhang Daoling, o [[Emperador Amarelo]], o [[Emperador Xade]], [[Lei Gong]] (O Deus do Trebón) e outros. As dúas maiores igrexas taoístas da actualidade son a [[Seita Zhengyi]] (evoluída dunha seita fundada por Zhang Daoling) e o [[Taoísmo Canzhen]] (fundado por [[Wang Chongyang]]).
 
== Taoísmo fóra da China ==
 
A filosofía taoísta é practicada en varias formas, noutros países alén da China. [[Kouk Sun Do]] na [[Corea]] é unha desas variacións.
Liña 69:
A filosofía taoísta encontrou moitos seguidores arredor do mundo. [[Genghis Khan]] compartía á filosofía taoísta, e durante as primeiras décadas de dominación mongol, o taoísmo viu un período de expansión, entre os séculos [[século XIII|XIII]] e [[século XIV|XIV]]. Por iso, moitas escolas taoístas tradicionais manteñen centros de ensino en varios países arredor do mundo.
 
== Vexa tamén ==
 
* [[Monismo dialéctico]].
Liña 88:
[[bat-smg:Taoėzmos]]
[[bcl:Taoismo]]
[[be-x-old:Даасізм]]
[[bg:Даоизъм]]
[[bs:Taoizam]]