Coalición Galega: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1:
'''Coalición Galega''' é un partido político [[Galicia|galego]] nacionalista e de centro<ref>Justo G. Beramendi, ''De provincia a nación''. [[Edicións Xerais]], 2007, páxina 1.113</ref> que dende o [[4 de novembro]] de [[2005]] forma parte da coalición [[Terra Galega]]<br>
Liña 14 ⟶ 12:
==Eleccións autonómicas do 85 e xerais do 86==
Con varios deputados da extinta UCD, formouse un Gupo Parlamentario no Parlamento de Galicia co nome de Coalición Galega, onde comezou a despuntar [[Pablo González Mariñas]], procedente do [[Partido Galego Independente]]. Coa enfermidade de Franqueira ofreceuse a candidatura ao daquela subdirector xeral do [[Banco de España]] [[Víctor Moro]]. Este pronunciou o seu primeiro discurso ante unha entusiasta
Nas [[eleccións autonómicas de 1985]], baixo o liderato de [[Pablo González Mariñas]], e o apoio activo de [[CIU]], obtivo 163.425 votos (13%) e 11 escanos. A [[Coalición Popular]] de Fraga Iribarne non acadara a maioría absoluta polo que para a reelección do seu candidato, [[Xerardo Fernández Albor]], necesitaría o apoio de Coalición Galega, que daquela se convertía en chave da gobernabilidade. Non tardarían en sentirse as presións.
No partido perfílanse dous sectores, un partidario de pactar coa esquerda, (PSOE e [[Esquerda Galega]]) un denominado "Goberno de Progreso" e outro que avogaba por dar ao seu apoio á dereita. Houbo unha sesión de investidura o 17 de decembro con dúas votacións negativas. Finalmente acordouse permitir a elección de [[Xerardo Fernández Albor]] como [[Presidente da Xunta]] pero sen entrar no Goberno tal como inicialmente lle fora ofrecido. Albor será finalmente investido o 21 de febreiro de 1986, o seu vicepresidente será Barreiro Rivas. Coalición Galega seguía unida, porén no Parlamento os dous sectores cada volta distáncianse máis.
Liña 26 ⟶ 24:
As diferenzas entre os dous sectores agudízanse a fins de 1986, mesmo votando no Parlamento por separado os orzamentos, o [[16 de setembro]] Coalición Galega quedou con 6 escanos ao pasar os outros 5 deputados ao grupo mixto. En xaneiro de [[1987]], eses deputados que representaban os sectores máis nacionalistas e progresistas de Coalición Galega, dirixidos por Pablo González Mariñas e [[Xosé Henrique Rodríguez Peña]], forman o [[Partido Nacionalista Galego]]. Neste novo partido confluirá o que quedaba do PG e dará lugar ao PNG-PG.<ref> Beramendi, J. e Núñez Seixas, Xosé Manuel, ''O Nacionalismo Galego'', Ed. A Nosa Terra, Vigo 1995, pax. 276</ref>.
Para concurrir ás [[eleccións municipais de 1987]] CG forma a [[Coalición Progresista Galega]] xunto ao [[Partido Demócrata Popular]] de [[Enrique Marfany]] e o [[Partido Liberal (España 1977)|Partido Liberal]] de [[José María Pardo Montero]], conseguindo o 11.07% dos votos e 607 concelleiros. Coalición Progresista Galega resultaba ser a terceira forza política de Galicia, moi por riba dos seus inmediatos seguidores: O CDS con 274 concelleiros e o BNG con 143.
==Tripartito: a experiencia de Goberno==
Trala marcha de [[Xosé Luís Barreiro]] do [[Partido Popular de Galicia]] en setembro de [[1987]] e a súa integración con outros catro deputados por AP, en Coalición Galega, esta entrou no goberno tripartito (PSOE, CG e PNG) dirixido por [[Fernando González Laxe]], froito dunha moción de censura a Albor acordada no chamado "Pacto dos Tilos". Barreiro era novamente o vicepresidente da Xunta e facíase co control de Coalición Galega. As Consellarías de Sanidade ([[Pablo Padín]]), Educación ([[Suárez Vence]]) e Industria ([[Santos Oujo]]) eran tamén para Coalición Galega.<ref> Xosé de Cora, Barreiro contra Barreiro, Edicións Xerais, Vigo 1990, pax. 318</ref> Notables desta formación como [[Fernando García Agudín]] abandonaban o proxecto.
Froito desa experiencia de Goberno foi a creación das Universidades de Vigo e A Coruña.
|