Foedus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
No caso concreto dos [[vándalo]]s, [[alano]]s e [[suevo]]s, que cruzaran os pasos pirenaicos no outono do ''409'' e se dedicaran á depredación sistemática dos territorios, observándose o debilitamento do Imperio tan profundo que deixaba campo aberto á libre actuación dos pobos xermánicos. Progresaba así o proceso que os convertería na forza ''[[de facto]]'' no marco dos territorios que ocupaban.
 
Parece bastante seguro que o ''foedus'' se estableceu co momentáneo dominador da situación naquel momento na [[Hispania]], [[Flavio Constancio]] e para ambas as partes o tratado era do maismáis conveniente. Desde o punto de vista xermánico porque o bandoleirismo non era forma de vida posíbel a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma até agora fixeran e continuarían a facer os [[vándalos]]. E desde o punto de vista de Flavio Constancio porque garantía a estabilidade, aínda que fora dun xeito provisional, na Hispania e podería atender os asuntos que reclamaban a súa presenza na [[Italia]] e facer fronte á sublevación da [[Galia]] que estaba o ocorrer naqueles intres.
 
Estas circunstancias explican o porque o representante romano non se amosase excesivamente esixente á hora de repartir as terras dos seus asentamentos e non obrigándoos á contrapartida habitual nos ''foedus'', que era a axuda militar ao Imperio en caso de guerra. A única esixencia foi que deixasen libre a provincia [[Tarraconense]], que se debe entender como un intento de afastar os xermánicos do [[Mediterráneo]], derradeiro reduto a unidade romana. A cambio disto e, como base do seu asentamento, concedíaselle aos bárbaros o territorio das restante provincias da [[Hispania]].