Diferenzas entre revisións de «Ástures»

corrixo
(poño ligazóns internas)
(corrixo)
Os '''Ástures''' eran un pobo da Antigüidade que habitaba o Norte da [[Península Ibérica]]. A filiación lingüística permanece aínda na hi, aínda que se verifique a presenza de termos relacionados co grupo céltico indoeuropeo.
 
O seu territorio comprendía aproximadamente as actuais provincias de [[León]], [[Zamora]], a maior parte de [[Asturias]], así como parte dos territorios das actuais provincias galegas de [[Lugo]] e [[Ourense]]. Considérase que a orixe e formación desta [[cultura]] está radicada, entre outros aspectos, na mestura dun pobo autóctono - de orixe descoñecida - coa chegada dun grupo poboacional da zona centro-europea. Non obstante, a etnicidade deste grupo de comunidades permanece dubidosa, sendo que a maioría dos investigadores contemporáneos tenden a considerar que a denominación "Ástures" se tratase meramente dun convencionalismo empregado polos romanos á súa chegada ao noroeste peninsular, durante o [[séculoSéculo -1I|século I a.C.]].
 
Será, por tanto, máis preciso cinguirse o estudo a grupos de comunidades locais, organizados ao longo de vales e unidades territoriais menores, conforme se confirman nas singularidades presentes nas decoración cerámicas da [[Idade do Ferro]], que denotan particularidades comarcais.
107.240

edicións