Aldara de Celanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xandrwijk (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Pertencía a unha estirpe emparentada cos reis galaico-leoneses. Tiña posesións ao longo do [[reino de Galicia]], incluíndo as terras do [[Bierzo]] e o norte da actual [[Portugal]]. Exerceu poderes públicos nos condados de [[Ortigueira]], [[Saviñao]], [[Lor]], Castillón, [[Quiroga]] e [[Caldelas]] e nas decanías de [[Ladra]], [[Páramo]], [[Salnés]], [[Tredóns]], [[Sorga]], e [[Limia]]<ref>A Gran Historia de Galicia IV, volume 2, Ed. La Voz de Galicia, 2007, pax. 95. ISBN: 978-84-96931-00-8</ref>. Salientou pola acertada administración dos seus dominios e o senso da xustiza no exercicio da súa autoridade.
 
Arredor do ano [[890]] casou con un dos máis importantes condes galegos, [[Gutier Menendiz]]. A unión de ambas familias supuxo a creación dun dos maiores patrimonios territoriais do [[reino de Galicia]] altomedieval. Residiu sempre en terras galegas, ben no Condado Portucalense ben na Galicia nuclear onde son de destacar [[Portomarín]] e especialmente [[Vilanova dos Infantes]] onde situou a casa-residencia principal da súa familia, alí fundou co seu fillo [[Rosendo de Celanova|Rosendo]] o [[mosteiro de San Salvador de Celanova]] (centro monástico de primeira orde na Galicia do século X), ao que Ilduara doou parte do seu patrimonio. No documento de doazón figuran como testemuñas o propio rei, bispos, abades e mulleres e homes nobres máis importantes do momento.
Liña 10:
 
Dunha fonda relixiosidade, fundou comunidades monacais ás que fixo grandes regalías e que foron o alicerce do monacato galego impulsado polo seu fillo. Venerada polo pobo pola súa bondade e misericordia, acabou retirándose dos asuntos mundanos nun dos mosteiros que fundara.
 
==Notas==
{{Listaref}}
 
==Descendencia==