Monotelismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "O '''monotelismo''' é unha doutrina cristiá que defende que en Xesús de Nazareth só existe unha única vontade a divina. Está considerada como unha herexía pola [[Igrex..."
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
O '''monotelismo''' é unha doutrina cristiá que defende que en [[Xesús de Nazareth]] só existe unha única vontade a divina. Está considerada como unha [[herexía]] pola [[Igrexa Católica]] e a [[Igrexa Ortodoxa]]. Emperadores bizantinos como [[Heraclio]] ou [[Constantino II]] impuxeron esta idea como medio para achegar aos monofisitas da [[Igrexa Siríaca]] e da [[Igrexa Ortodoxa Copta]] á autoridade imperial, nun momento en que a ameaza persa do [[Imperio Seléucida]] precisaba da máxima cohesión interna. ParaPouco isodespois, nona dubidouexpansión endos torturarexércitos e exiliar ao Papado [[Martiño IIslam]] efacía en mutilar ao célebre teólogo e [[Máximo o Confesor]]. Estes consideraban que o monotelismo supuña cuestionarnecesaria a plenaunidade humanidadede dofe homepara Xesús e polo tantosustentar a plenalexitimidade comunióndun entreúnico apoder divinidade dono [[LogosImperio Bizantino]]. eMoitos omonofisitas [[corpoabrían humano]]as eportas aás [[alma]]forzas humanaárabes decomo Cristoliberadores coasfronte súasa potencias humanastiranía de [[memoria]],Constantinopla. [[entendemento]] e [[vontade]].
 
==O debate==
 
O gran impulsor desta doutrina foi o [[Patriarca de Constantinopla]] [[Serxio]], quen conseguiu que o [[Patriarcado de Alexandría]] (copto), no [[633]] e a [[Igrexa Apostólica Armenia]], no [[634]], ámbalas dúas de crenza monofisita, aceptasen a doutrina. Alarmado, o [[Patriarca de Xerusalén]] [[Sofronio]] dirixiu unha carta ao Papa [[Honorio]], quen, nembargantes, deu a razón aos monotelistas. Isto animou ao emperador [[Heraclio]] a dictar con carácter oficial unha profesión de fe monotelista: a [[Ectesis]], no [[638]]. Este documento levantou airadas protestas en boa parte do pobo fiel e carismáticos predicadores e teólogos, que conseguiron que o novo Papa convocase un sínodo e proclamase as dúas vontades, correspondentes as dúas naturezas de Cristo.
 
O emperador reaccionou con contundencia e non dubidou en torturar e exiliar ao Papa [[Martiño I]] e en mutilar ao célebre teólogo e [[Máximo o Confesor]]. Estes consideraban que o monotelismo supuña cuestionar a plena humanidade do home Xesús e polo tanto a plena comunión entre a divinidade do [[Logos]] e o [[corpo humano]] e a [[alma]] humana de Cristo coas súas potencias humanas de [[memoria]], [[entendemento]] e [[vontade]]. Entendían que a integridade de Xesús como home, incluída a súa vontade, formaba parte esencial da fe apostólica transmitida dende un principio polas primeiras testimuñas e que así fora gardada polos [[Pais da Igrexa]]. A querencia popular por estes persoaxes en boa parte da cristiandade, non fixo máis que reafirmar a división. A cuestión non se zanxou ata a convocatoria do derradeiro concilio ecuménico: [[III Concilio de Constantinopla]] (680-681) onde se retomou a fe nas dúas vontades e se condenou ao papa xa finado [[Honorio]] como herexe.
 
==Consecuencias==
O fracaso do monotelismo supuxo:
 
* a consolidación da separación das igrexas monofisitas non calcedonianas: a Igrexa Siríaca, a Igrexa Ortodoxa Copta e a Igrexa Apostólica Armania. Para elas o dogma proclamado polas Igrexas de Roma e Constantinopla era unha volta ao [[nestorianismo]] condenado no [[Concilio de Éfeso]] e afirmaba unha dualidade en Cristo. A [[Igrexa Etíope Tewahedo]] é da mesma opinión.
 
* a supremacía do Concilio ecuménico sobre o Papa ata o punto de lanzarse un anatema e condenarse como herexe a un deles: Honorio. Este será no futuro un argumento polémico frente aos que defenden a infalibilidade do Papa en cuestións dogmáticas.
 
 
 
[[Categoría:cristianismo]]