Casa de Lancaster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 26:
Ámbalas dúas casas nobiliarias empregan nos seus emblemas unha rosa, vermella para os Lancaster e branca para os York. Deste xeito, o conflicto establecido entre as dúas familias coñécese co nome de "[[Guerra das Dúas Rosas]]".
 
==Os herdeiros Tudor==
Entre os máis firmes apoios dos Lancaster contábanse os membros da familia de Beaufort, descendentes tamén de Xoán de Gante e a súa amante Catarina Swynford.Cando por fin Xoán conseguiu casarse con Catarina, algo máis de 25 anos despois do nacemento do seu primeiro fillo, a Igrexa recomendoulle que lexitimizase ao seu descendente mediante unha bula papal. Por fin, o herdeiro foi recoñecido nun acto do Parlamento inglés ao ano seguinte, aínda que non había acordo con respecto a se o novo Beaufort podía ou non facer valer os seus dereitos ao trono.
Coa Casa de Lancaster extinta, o relativamente descoñecido Henrique Tudor proclamouse a sí mesmo o herdeiro dos Lancaster dende o seu exilio na Bretaña, alegando descender por parte da súa nai, Lady Margarida Beaufort, de Xoán de Gante.
 
[[bg:Ланкастър (династия)]]