Bobby Lennox: Diferenzas entre revisións

futbolista británico
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de xullo de 2006 ás 15:43

Robert Lennox, alcumado Buzz Bomb ou Lemon porque os defensores ó seu carón asemellaban lapas que o succionaban, naceu nunha vila de Escocia chamada Saltcoats en 1943. Foi un futboleiro que ocupaba a demarcación de dianteiro e que viviu unha etapa dourada compoñendo un dos artellantes dos Lisbon Lions que no 1967 foran gañadores da Copa de Europa.

O 5 de setembro de 1961 chegaba ata Celtic Park provinte do Ardeer Recreation para face-lo seu debú na vitoria por 2-1 nun encontro ligueiro contra o Dundee F.C.. Nas súas 589 participacións coa camisola do clube foi quen de facer unha boa morea de goles (273).

Despois de retirarse da prática en ativo do fútbol seguiu vencellado ó Celtic durante a piques de 32 anos.

Coa Selección escocesa de fútbol xogou 10 veces sumando 3 goles sendo o máis trascendental o que lle meteu a Inglaterra en 1967 en Wembley na desputa dun amigable que terminou cun 2-3 para os escoceses no taboleiro de marcas.

No 1 de xaneiro de 1981 recibiu a Orde do Imperio Británico por tódolos servizos que lle levara prestado ó Celtic en toda a súa traxectoria deportiva.