Bertie Auld: Diferenzas entre revisións

futbolista británico
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de xullo de 2006 ás 15:24

Robert Auld, popularmente coñecido coma Ten Thirty por xogar co dez e estar preto dos trinta cando quedou campión europeo, naceu no sitio de Maryhill ubicado en Escocia o 23 de marzal do 1938. Foi un xogador de fútbol que xogaba de mediocampista e que destacou no Celtic no que formou parte daquel plantel dos Lisbon Lions que acadara o éxito de saír campión da Copa de Europa no 1967. Tamén foi adestrador a posteriori.

Chegou ó Celtic do Maryhill Harp o 2 de abril do 1955 debutando para os verdibrancos dous anos despois fronte ó Rangers. No 1961 foi probar sorte ó Birmingham City onde ficou deica 1965, ano no que volta a Celtic Park para vivi-la súa etapa máis sobresaínte coma futboleiro que remataría en 1971 cando marcha rumbo ó Hibernian cara onde chega coma axente libre. Nesa segunda época en Celtic Park e na que xoga a meirande parte dos 279 partidos co conxunto católico e na que consegue tamén a meirande parte dos seus 85 tantos.

Na súa etapa de adestrador dirixiu dobremente ó Partick Thistle e nunha estadía ó Hibernian e ó Dumbarton F.C..

Coa Selección escocesa de fútbol non foi moi afortunado ó tan só ter xogado 3 encontros coma internacional nos que non achou o gol na portaría rival. O máis salientable nas súas aparicións co conxunto nacional foi o cartón vermello que recibiu nun amigable Holanda-Escocia que rematou cun 1-2 no 1959.