Grafito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: io:Grafito
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: kn:ಗ್ರ್ಯಾಫೈಟ್‌; cambios estética
Liña 16:
O '''grafito''' (tamén chamado en ocasións '''plumbaxina''' ou '''chumbo negro''') é unha das formas coñecidas nas que se pode presentar o [[carbono]]. Outra forma ben coñecida é o [[diamante]]. É, polo tanto, un mineral da clase dos [[Elemento químico|elementos navitos]] cuxa fórmula química é '''C'''.
 
== Aspecto ==
 
De aspecto metálico e de cor grisácea, o grafito rara vez aparece na súa forma cristalina. Exfóliase con moita facilidade.
 
== Estrutura ==
 
No grafito, os [[átomo]]s de [[carbono]] forman capas paralelas, apiladas unhas encima das outras. Detro dunha capa, os [[átomo]]s de [[carbono]] están enlazados a outros tres a unha distancia moi curta. Entre unha capa é outra a distancia de unión é moito maior, e por iso as capas pódense exfoliar tan facilmente unhas das outras.
 
== Propiedades ==
 
En dirección perpendicular ás capas, o grafito presenta unha certa conductividade da [[electricidade]], que aumenta ó elevar a [[temperatura]], comportándose deste xeito coma un semicondutor. Ó longo das capas a conductividade é moito maior e diminúe ó aumentar a [[temperatura]], comportándose coma un [[condutor]] eléctrico semimetálico.
 
== Usos do grafito ==
 
O grafito é usado basicamente para a fabricación de lapis, ladrillos, crisois, discos parecidos ós de vinilo pero máis resistentes, reactores nucleares, electrodos (pola súa conductividade) e pezas de enxeñería (pistóns, xuntas, arandelas, rodamentos).
 
Pódese obter grafito sintético quentando unha mestura de [[petróleo]] e brea de [[carbón]] a uns 950 °C durante un tempo que abrangue entre as 11 e as 13 semanas, depositando logo o produto resultante nun forno eléctrico a una temperatura cercana ós 2.800 °C durante unhas 4 ou 5 semanas. O proceso é, na súa meirande parte, unha técnica a altas temperaturas, pero é tamén un procedemento de refinado, xa que case tódalas impurezas dos óxidos metálicos do carbón en bruto quedan reducidas a metal e acaban por evaporar.
 
== Outros elementos nativos ==
 
Existen outros minerais formados exclusivamente por un só elemento. Algúns deles son:
 
O [[xofre]] (S), o [[cobre]] (Cu), o [[ouro]] (Au) e a [[prata]] (Ag). Tamén o [[diamante]] é un [[Elemento químico|elemento navito]] formado, do mesmo xeito co grafito, unicamente por átomos de [[carbono]] (C).
 
[[Categoría:Minerais]]
Liña 70:
[[ja:グラファイト]]
[[jbo:pistabno]]
[[kn:ಗ್ರ್ಯಾಫೈಟ್‌]]
[[ko:흑연]]
[[la:Graphitum]]