Paradigma (lingüística): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nallimbot (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
O '''paradigma''' é o conxunto de formas que serven como modelo nos diversos campos de [[flexión]]. O termo aplícase con moi variada extensión. Así, o paradigma dunha [[declinación]] consiste na enumeración ordenada convencionalmente de todas e cada unha das formas que un [[tema]], adoptado como modelo, presenta nos diversos [[caso]]s gramaticais. O paradigma da categoría de [[número]] e [[persoa]] consiste na enumeración convencionalmente ordenada das formas que presentan os [[tempo]]s verbais.
 
Así a todo, frecuentemente, ó opor [[sintagma]] a paradigma, oponse [[eixo sintagmático]] (ou eixo da segmentación) a [[eixo paradigmático]] ou eixo da conmutación, e o paradigma pasa a ser o conxunto de palabras que poden ser conmutadas por aquela que foi escollida para ser empregada no sintagma. Poderemos logo falar do paradigma dos [[substantivo]]s singulares, do paradigma dos [[adxectivo]]s que espresan o [[sema]] de cor,...