Ramón Conde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe
maiúscula
Liña 6:
 
==Traxectoria==
[[Ficheiro:Fiel contrasteContraste.jpg|thumb|right|200px|''Fiel contraste'', trala casa consistorial de Pontevedra.]]
Realiza os seus estudos nesta cidade até que en 1965 se traslada a [[Xixón]] onde cursa estudos na universidade laboral da devandita cidade. En 1969 regresa a Ourense, onde finaliza os seus estudos de bacharelato. En [[1971]] ingresa na Facultade de Filosofía e Letras de [[Santiago de Compostela]]. [[En 1973]] vive en [[Madrid]] coñecendo fundicións e obradoiros de diversos artistas. A partir de [[1974]] reside de novo en Ourense, onde desenvolve lentamente a súa linguaxe plástica. En [[1986]] trasládase á [[A Coruña|Coruña]] onde vive até 1991 e ten o seu estudo no polígono de Sabón de [[Arteixo]]. Nestes anos realiza as súas primeiras obras públicas e comeza a súa proxección internacional coa participación en exposicións de Parides. En [[1991]] inaugúrase a súa obra ''Os Redeiros'' na Gran Vía de [[Vigo]]. Nese mesmo ano vive en [[Houston]], como profesor convidado da [[Universidade de Houston Downtown]]. Vive nesta cidade até [[1992]]. Neste ano realiza unha exposición no recinto feiral da Expo de [[Sevilla]] e ao ano seguinte realiza unha longa estancia en [[Monterrey]], [[México]].