Antonio Rosón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 19:
 
===Democracia===
Logo da constitución da Xunta preautonómica (1977), a [[Unión de Centro Democrático|UCD]], partido maioritario na Galiza, rexeitou a posibilidade de que un galeguista histórico a presidise. Despois de ter barallado a opción de situar como presidente a [[Pío Cabanillas]], finalmente optou por nomear a Antonio Rosón, que fora un dos fundadores de [[Alianza Popular]] en Galicia, inda que deseguido se afastara dela.

Rosón impulsou o denominado [[Estatuto dos dezaseis]], aberto a todas as forzas políticas, incluídas as extraparlamentarias como o [[Partido Galeguista]] recentemente reconstituído e o [[Partido Obreiro Galego]]. Porén, o intento do entón presidente do Goberno, [[Adolfo Suárez]], para aprobar un estatuto cun conxunto de [[competencia]]s inferior aos do País Vasco e Cataluña, provocou un gran malestar na comunidade galega, ao que se sumaría unha parte da UCD local e o mesmo presidente da Xunta preautonómica, Antonio Rosón, quen tentaba involucrar a unha parte do nacionalismo no proceso de creación da autonomía e foi el quen outorgou ao [[25 de xullo]] o carácter de [[Día Nacional de Galicia]]. A UCD decidíu sustituilo e, en 1979, [[Xosé Quiroga]] foi nomeado novo presidente da Xunta de Galicia.
 
Desfeita a UCD, Rosón únese ao [[Partido Liberal (España 1977)|Partido Liberal]] coaligado con Alianza Popular, atinxindo aínda a ser presidente do [[Parlamento de Galicia|Parlamento de Galiza]], na súa segunda lexislatura entre 1985 e 1986, sendo substituído, pola súa má saúde, o 13 de maio dese último ano por [[Tomás Pérez Vidal]].