María Madalena: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pt:Maria Madalena; cambios estética
Liña 2:
'''María Magdalena''' foi segundo os [[evanxeos sinópticos]], o [[Evanxeo de Xoán]] e varios [[evanxeos apócrifos]], entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de [[Xesús]].
 
== Discípula ==
 
As fontes afirman que [[Xesús de Nazareth]] expulsara dela sete demos (Mc 16,9). A cifra sete é sinónimo de plenitude o que é interpretado como unha enfermidade psicofísica aguda ou ben unha perversidade extrema{{cómpre referencia}}. Unha ou outra, consonte a mentalidade de entón, consecuencia do pecado.
Liña 14:
Todos estes factores fan que os especialistas entendan que é unha das figuras da primeira tradición cristiá cuxa historicidade semella mellor acreditada (criterio de dificultade e criterio de testemuño múltiple).
 
== Identificación ==
 
Non está nada claro que sexa a prostituta dos evanxeos sinópticos que unxe a Xesús ante o escándalo dos fariseos, aínda que o sentir popular así a identificou. Existe tamén unha identificación non probada coa muller adúltera do Evanxeo de Xoán á que Xesús salva de morrer lapidada polos seus acusadores. Non falta quen defenda a plausibilidade destas teses debido á procedencia: [[Magdala]], un lugar próximo ao lago de Xenesaret ([[Tiberíades]]) que era unha localidade fabril, destino maioritariamente masculino e, xa que logo, posible foco de prostitución. Ser muller de Magdala non debía se boa carta de presentación. De feito, unha das acusacións máis frecuentes a Xesús é a súa proximidade aos pecadores públicos (Mt 9,11). Pero isto non deixa de ser unha mera hipótese.
 
== Apócrifos ==
 
No evanxeo apócrifo que leva o seu nome aparece discutindo con [[Pedro]]. O cal semella ciumento das revelacións particulares das que era depositaria.
Liña 24:
No [[Evanxeo de Filipe]], de contido gnóstico e escrito en lingua copta, dise que Xesús amábaa máis que todos os discípulos e que a miúdo a bicaba na boca. Algo que estimulou a fantasía nalgúns autores contemporáneos. Tamén neste evanxeo rivaliza con Pedro.
 
== Consideración ==
 
As igrexas católica, ortodoxa, e as orientais siriaca, copta, armenia e etíope tivérona sempre en gran consideración. A piedade popular e a tradición eclesiástica considéraa apóstolo dos apóstolos (''Apostolorum Apostola''), por ser a primeira portadora da noticia central da fe cristiá: a resurrección de Xesús.
Liña 64:
[[no:Maria Magdalena]]
[[pl:Maria Magdalena]]
[[pt:Maria Madalena (santa)]]
[[ro:Maria Magdalena]]
[[ru:Мария Магдалина]]