Casa de Lancaster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 23:
==A Guerra das Dúas Rosas==
Henrique VI foi un monarca marcado pola súa delicada saúde mental, sufrindo ao longo do seu reinado varias crises. No ano de 1461 o seu primo, Eduardo de York, decidiu arrebatarlle a coroa e proclamarse a sí mesmo [[Eduardo IV de Inglaterra]]. Henrique, tan pronto como foi quen de volver a loitar, recuperou o seu trono en 1470, aínda que Eduardo lograría recuperalo tan só un ano despois.
Finalmente, o antigo monarca morreu en cautividade en 1471, xusto catorce días despois do seu fillo e herdeiro, [[Eduardo de Westminster]], na [[Batalla de Tewkesbury]]. Deste xeito, a Casa dos Lancaster atopábase sen herdeiro directo do célebre Xoán de Gante.
 
Ámbalas dúas casas nobiliarias empregan nos seus emblemas unha rosa, vermella para os Lancaster e branca para os York. Deste xeito, o conflicto establecido entre as dúas familias coñécese co nome de "[[Guerra das Dúas Rosas]]".