Pipino o Breve: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 17:
== Caída do último merovinxio ==
 
No ano [[747]] Carlomán retírase á vida monástica e cede a maioría de Austrasia ao seu irmán pequenomáis novo, e Pipino convértese no dirixente efectivo de todo o reino franco. Desde ese momento, comeza un duro enfrontamento para se desfacer de [[Khilderico III]], o soberano merovinxio do que depende oficialmente. Para demostrar a inutilidade dos reis merovinxios, [[Carlos Martel]] deixara vacante o trono trala morte de [[Teodorico IV, Rei franco|Teodorico IV]] en [[737]] (durante os sete anos de baleiro real, todos os documentos oficiais levarán a data de 737). En [[743]], Pipino libera a Khilderico do mosteiro no que o encerrara o seu pai e permítelle ocupar o trono do que fora desposuído. O seu retorno propicia a coalición formada, entre outros, polo duque dos alemáns e [[Hunaldo]], de [[Aquitania]], que reaccionan mal diante da eliminación política de [[Grifón]] (irmanexomedio irmán de Pipino e Carlomán) pero, ao repoñer a Khilderico no trono, Pipino consegue un medio para os acalmar durante un tempo.
 
Sobre [[744]], contrae nupcias con [[Bertrade de Laon]], chamada ''a do pé grande'', filla de Cariberto, conde de Laon (este alias provén do feito de que ela tiña un pé máis grande có outro).
 
En [[750]], Pipino envía unha delegación franca a entrevistarsese entrevistar co Papa [[Zacarías, Papa|Zacarías]], en solicitude dunha autorización para poñer fin ao decadente reino merovinxio e ocupar o trono de Khilderico. Zacarías acepta e declara que ''debe ser rei o que exerce a realidade do poder''.
 
En novembro de [[751]], Pipino depón a Khilderico III e faise coroar no campo de maio en Soissons, sendo proclamado por unha asemblea de bispos, nobres e ''Leudes'' (grandes do reino). Esta elección conséguese, por unha vez, sen efusión de sangue. Khilderico III, tras ser deposto, é tonsurado (perde os seus longos cabelos, signo do poder entre os francos) e termina os seus días encerrado no mosteiro de Saint-Bertin, preto de [[Saint-Omer]].
 
Pero aínda que Pipino consiga o título de rei e o seu poder, este non lle pertence, e esta ruptura da dinastía merovinxia precisa dunha nova que deberá substituír a sucesión natural de pais a fillos. Esta continuidade queda asegurada pola [[consagración real]] seguida da unción, simbolizada no bautismo de [[Clodoveo I]] e a alianza particular entre a [[Igrexa]] e os reis francos. É en Soissons, onde o bispo Bonifacio, o seu conselleiro diplomático, o unxirá marcando a súa fronte co aceite santo —o Saint-Chrême— como xa se facía ao longo dunha cerimonia na que se consagraba aos reis [[visigodo]]s de [[Toledo]]. Por medio desta unción, o rei dos francos, a partir dese momento investido dunha misión de guía militar e relixiosa, detenta a forza moral do "dereito divino'', é dicir, de "dirixir os pobos que Deus lle confíaeconfía"; pero esta lexitimidade ten un custo: o da fidelidade á Igrexa e a quen a dirixe, a Papa Zacarías que, desde [[Roma]], deu o seu consentimento para a mudanza de dinastía.
 
Pipino será consagrado por segunda vez, por Bonifacio, en decembro dese mesmo ano, en [[Maguncia]], como señor de Austrasia.