Seitura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
Había que aproveitar as primeiras horas do día, xa que o calor provocaba que se debullara o gran e se perdera.
Xa na leira os homes en ringleiras ían segando a palla e poñendoa en feixes. Non era raro que houbera una grande competencia entre os segadores mais afamados de cada lugar. Antes de escomenzar a xornada afiábanse os fouciños na móa da casa e despois cada segador ía provisto dunha pequena pedriña que utilizaba para afiar o apeiro se éste se cegaba.
Era raro ver a unha muller segando, xa que o traballo reservado a ésta era coller o feixe de palla, sacudirlle os fentos ou outras herbas malas que levasa, e atalo cunha presa da mesma palla ata facer un mollo . Os nenos ( algúns de so 5 ou 6 anos ) recollían tras das atadoras as espigas que ían quedando e tamén tiñan que ir á fonte máis cercana a por auga fresca nuns porróns de barro para os traballadores, e encargarse de gardalos á sombra para que no se quentara a auga.E outros dedicábanse a recoller "pan corvo" que logo se vendería.
Cando o calor apretaba , o normal era retirarse, ben para comer nunha carballeira ou na casa do dono, que tiña a obriga de ofrecerlles a comida, que era o único pago para moitos deles.
Para os nenos reservábase outro traballo: recoller tras das atadoras as espigas que ían quedando e volvelas ós feixes. Tamén eran os nenos os encargados de ir cada pouco a fonte que quedaba máis cerca e enchían nela porrós de barro provisto dunha boca ancha e dun pitorro para beber a catalana, e ir ofrecéndolla ós sedentos traballadores auga fresca.
Cando o calor apretaba , o normal era retirarse, ben para comer nunha carballeira ou na casa do dono, que tiña a obriga de ofrecerlles a comida, que era o único pago para moitos deles.
Unha vez segada unha leira, o normal era traslarse a outra do mesmo propietario se non estaba moi lonxe e había tempo dabondo no mesmo día.
Ó último traballo era apilar os mollos en medouchos ou montons perfectamente construídos que protexían o gran dos paxaros e posibles inclemencias do tempo ( a espiga escondíase no interior do montón e cara fora so quedaba a palla ) ata que se trasladaran a eira para facer a meda unha ver remataba a seitura.