Kernel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: he:ליבה (מערכות הפעלה); cambios estética
Liña 4:
Existen diferentes tipos de kernels e cada un afronta estas tarefas de modo distinto dependendo do seu deseño e realización. Os kernels monolíticos tentan logralas executando todo o código no mesmo espazo de enderezos para incrementar a potencia do sistema; os microkernels executan a maioría dos seus servizos no espazo do usuario, tentando mellorar a xestión e modularidade do código básico. O normal é que os kernels compartan características de ambos os dous modelos.
 
== Tipos ==
<!-- Cómpre que alguén con coñecementos do tema revise este apartado. -->
Hai catro grandes tipos de kernel:
* '''''Kernel monolítico'''''. Potente kernel que facilita a abstracción do hardware. Existe unha gran variedade de kernels monolíticos.
* '''''Microkernel'''''. Proporciona un pequeno conxunto de abstraccións simples do hardware, e usa as aplicacións chamadas servidores para ofrecer unha maior funcionalidade.
* '''Kernel híbrido'''. Parecido ao ''microkernel'', excepto porque inclúe código adicional no espazo de núcleo para que se execute máis rapidamente.
* '''Exokernel'''. Non facilita ningunha abstracción, pero permite o uso de [[Biblioteca (software)|bibliotecas]] que proporcionan unha maior funcionalidade grazas ao acceso directo ou case directo ao hardware.
 
=== ''Microkernels'' ===
O enfoque micronúcleo consiste en definir unha abstracción moi simple sobre o hardware, cun conxunto de primitivas ou chamadas ao sistema que implementan servizos do sistema operativo mínimos, como a xestión de fíos, o espazo de direccionamiento e a comunicación entre procesos.
 
Liña 23:
[[QNX]] é un [[sistema operativo]] que estivo dispoñible desde principios dos 80, e ten un deseño de ''microkernel'' moi minimalista. Este sistema conseguiu chegar ás metas do paradigma do ''microkernel'' con moito máis éxito que Mach. Úsase en situacións en que non se pode permitir que haxa fallos de software, o que inclúe desde brazos robóticos en naves espaciais, ata máquinas que púen cristal onde un pequeno erro podería custar moito diñeiro.
 
=== ''Kernels monolíticos'' ===
Frecuentemente prefírense os ''kernels monolíticos'' fronte aos ''microkernels'' debido ao menor nivel de complexidade que comporta o tratar con todo o código de control do sistema nun só espazo de direccionamiento.
 
Liña 30:
Os ''kernels monolíticos'' adoitan ser máis fáciles de deseñar correctamente, e polo tanto poden crecer máis rapidamente que un sistema baseado nun ''microkernel'', pero hai casos de éxito en ambos os dous bandos. Os ''microkernels'' adoitan usarse en robótica ''embebida'' ou computadoras médicas, xa que a maioría dos compoñentes do sistema operativo residen no seu propio espazo de memoria privado e protexido. Isto non sería posible cos núcleos monolíticos, nin sequera cos modernos que permiten cargar módulos.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
Liña 54:
[[fi:Käyttöjärjestelmän ydin]]
[[fr:Noyau de système d'exploitation]]
[[he:ליבה (מדעימערכות המחשבהפעלה)]]
[[hr:Jezgra (računarstvo)]]
[[hu:Rendszermag]]