Abrir o menú principal

Cambios

m
bot Engadido: an:Columna (arquitectura); cambios estética
A columna adoita ter sección circular ou asimilable, podendo tamén ser [[polígono|poligonal]]). Os materiais de construción da columna poden variar moito.
 
== Compoñentes ==
A pesar de que non todas as columnas están formadas polos mesmos compoñentes, pódese facer unha subdivisión xeral en tres compoñentes ou áreas diferentes:
 
=== Base ===
[[Ficheiro:Korinthische Säulenordnung Entasis2.png.png|right|thumb|300px|Esquema dos compoñentes dunha columna]]
A [[base (arquitectura)|base]] ('''d''' no esquema), do [[latín]] ''base'' (planta do [[pé]]), é o punto de ligazón do [[fuste]] co [[pedestal]] ou co [[estilóbata]] do edificio. Na [[arquitectura clásica]] posúe un tratamento estético de seu, que obedece aos principios da [[orde arquitectónica|orde]] empregada. Na antigüidade clásica a base comeza cunha placa cadrada chamada '''plinto''' ('''k''' no esquema) que pode ser seguida doutros discos de perfil cóncavo ou convexo ('''l''' no esquema) e que ten por obxectivo darlle maior plasticidade visual.
Pódense atopar bases decoradas con elementos [[xeometría|xeométricos]], [[vexetal|vexetais]] ou [[animal|animais]] fantásticos.
 
=== Fuste ===
O [[fuste]] ('''e''' no esquema), do [[latín]] ''fuste'' (pau de madeira), é o elemento vertical de apoio que constitúe a parte maior e central da columna. Liga a base co [[capitel]]. Pode ser monolítico ou estar dividido en distintos tambores, ou segmentos. No caso de que a columna só presente fuste, o extremo inferior deste chámase ''imoscapo'' e o superior ''sumoscapo''.
 
Na antigüidade clásica a decoración do fuste por excelencia foi a acanaladura, consistente no labrado de finas estrías ou sucos lonxitudinais. Posteriormente outros estilos presentan fustes totalmente carentes de decoración ou guarnecidos dunha ornamentación profusa.
 
* '''Tipoloxías de acordo coas variacións do fuste''':
:Columna '''anelada''' (con aneis que dividen o fuste en varias faixas);
:Columna '''canelada''' (con acanaladuras verticais);
:Columna '''cóclida''' (é a de maiores dimensións, con [[escaleira]] en caracol no seu interior);
:Columna '''corolítica''' (decoración con espiral en forma de grilanda de [[flor]]es e [[folla|follas]]s;
:Columna '''de tambores''' (composta por bloques sobrepostos);
:Columna '''entrelazada''' (nela entrelázanse 2 ou 3 fustes);
:Columna '''salomónica''' (en espiral, helicoidal ou torsa)
 
=== Capitel ===
O [[capitel]] ('''f''' no esquema), do latín ''capitellum'' diminutivo de ''caput'' ([[cabeza]], extremidade), leva a cabo a unión entre o fuste e o [[arquitrabe]] ou o [[arco (arquitectura)|arco]]) de diferente comportamento estático. Así, o capitel non só soluciona problemas técnicos, senón que asume un papel estético sendo normalmente a parte máis traballada da columna, a máis característica dunha data, orde ou estilo.
 
:'''[[Ábaco (arquitectura)|Ábaco]]''' ('''n''' no esquema) (do grego '' abax'', cadro, mesa): placa cadrada e espesa que remata o capitel.
 
== Posicionamento ==
[[Ficheiro:RomaColonnaTraianaCima.jpg|right|thumb|200px|[[Columna de Traxano]], columna conmemorativa de fuste espiralado dividido por aneis con relevos]]
A súa situación ou posicionamento relativo ao espazo envolvente pode diferir segundo a necesidade ou obxectivo. Así, a columna pode ser:
 
* '''Independente''' ou '''exenta''', no caso, por exemplo, das columnas conmemorativas.
* '''Illada''', columna na que os únicos puntos de contacto coa construción son as extremidades.
* '''Xeminada''', agrupadas a dúas, como se pode observar no caso dos [[claustro]]s [[Idade Media|medievais]].
* '''Acaroada''', na que o fuste entra en contacto con outra superficie, como no caso dos piares compostos con varias columnas acaroadas nos cantos.
* '''Embebida''', na que só unha determinada parte da columna é visible, como estando ¨engulida¨ verticalmente noutro elemento.
 
=== Outros termos e aplicacións ===
* '''Columnelo''' ou '''columneta''': trátase dunha columna xeralmente de diámetro inferior, máis delgada, que pode estar pegada a outros elementos, como unha [[parede]], [[piar]], ou [[xamba]] dun [[portal (arquitectura)|portal]], etc.
* '''Columna conmemorativa ou triunfal''': columna erguida como monumento en memoria dun acontecemento histórico.
* '''Columnata''': trátase dunha serie de columnas en liña recta ou curva.
* '''[[Arcada]]''': Serie de [[arco (arquitectura)|arcos]] apoiados en columnas (presente, p. ex. nos [[claustro]]s).
* '''Columna de fuste humano''': o fuste é substituído pola representación escultórica dunha figura feminina ([[cariátide]], ''kanephoren'' ou ''koren'') ou masculina ([[atlante (arquitectura)|atlante]], cos brazos levantados para soportar o peso da arquitrabe, ou ''kouroi'', da arte arcaica grega do [[mar Exeo]], cos brazos ao longo do corpo).
* '''Columna das bestas''': columna independente que xorde na época do [[Imperio romano]] (concretamente en [[Francia]] e [[Italia]]) e que presenta o fuste cuberto por [[relevo]]s que representan [[panthera leo|leóns]] e [[animal|animais]] fantásticos loitando.
 
== Desenvolvemento histórico ==
=== [[Antigüidade]] ===
----
<gallery>
</gallery>
 
=== [[Antigüidade clásica]] ===
----
''Vexa artigo principal'': '''[[Orde arquitectónica|Ordes arquitectónicas]]'''
{{Templo grego}}
 
=== [[Idade Media]] ===
----
<gallery>
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|category:Columns}}
* [[Capitel]]
* [[Orde arquitectónica]]
 
== Fontes bibliográficas ==
* CALADO, Margarida, PAIS DA SILVA, Jorge Henrique, ''Dicionário de Termos da Arte e Arquitectura'', Editorial Presença, Lisboa, 2005, ISBN 20130007
* JANSON, H. W., ''História da Arte'', Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa, 1992, ISBN 972-31-0498-9
* KOEPF, Hans; BINDING, Günther (Überarbeitung), ''Bildwörterbuch der Architektur'', Alfred Kröner Verlag, Stuttgart, 1999, ISBN 3-520-19403-1
* MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, ''dtv-Atlas Baukunst; Band 1 - Allgemeiner Teil. Baugeschichte von Mesopotamien bis Byzanz'', Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03020-8
* MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, ''dtv-Atlas Baukunst; Band 2 - Baugeschichte von der Romanik bis zur Gegenwart'', Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03021-6
{{Link FA|he}}
 
[[an:Columna (arquitectura)]]
[[ar:عمود (عنصر إنشائي)]]
[[bg:Колона]]
75.954

edicións