Estoicismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nov:Stoikisme
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mwl:Estoicismo; cambios estética
Liña 5:
Entre os estoicos máis famosos contáronse numerosos [[filósofo]]s e homes de estado [[Grecia antiga|gregos]] e [[Roma antiga|romanos]]; o desprezo polas riquezas e a gloria mundana fixo desta unha filosofía adoptada tanto por emperadores (coma [[Marco Aurelio]]) como por escravos (coma [[Epicteto]]). [[Cleantes de Aso]], [[Crisipo de Soli]], [[Séneca]] e [[Catón]] adscribíronse tamén á escola estoica.
 
== Contexto histórico ==
Coa morte de [[Alexandre o Grande]] no ano [[-323|323 a.C.]], iniciouse o período helenístico da cultura grega, que se prolongou ata o século VI d.C. Este período caracterizouse porque as cidades gregas caeron baixo o dominio militar de grandes [[imperio]]s coma o [[Imperio Persa|Persa]] ou o [[Imperio Romano|Romano]].
 
Para o cidadán da [[Época Clásica]], a época inmediatamente anterior á [[Época Helenística|helenística]], as [[pole|poles]]s proporcionaban un sinal de identidade e unha comunidade social e política capaz de dar sentido á súa vida. Mais a caída das poles gregas baixo a espada das diferentes forzas invasoras tivo como consecuencia a desconfianza, o desarraigamento e máis a inseguridade.
 
En resumo, a Época Helenística foi un momento de crise en que as [[ética]]s dos '''estoicos''' e os '''[[Epicureísmo|epicúreos]]''' constituíron as dúas respostas máis significativas. Ambas as dúas intentarían crear valores éticos e novas formas de convivencia. Este esforzo tería como resultado principal a aparición e extensión de que a vida [[Felicidade|feliz]] era aquela que lles permitía ás persoas acadaren a ''[[ataraxia]]'', é dicir, que o obxectivo fundamental da ética era proporcionar o autocontrol e a liberdade interior que permitisen ás persoas superaren os sufrimentos propios da existencia humana.
 
== Orixe e etapas ==
O Estoicismo naceu en [[Atenas]] e tomou o seu nome do pórtico (ΣτοΣτο&alpha en [[Lingua grega|grego]], ''[[stoá]]'') onde [[Zenón de Citio]] impartía as leccións. Este primer período recibiu o nome de [[Estoicismo antigo]].
 
Máis tarde, a partir da introdución desta doutrina en [[Roma]] por parte de [[Panecio de Rodas]], orixinouse o chamado [[Estoicismo medio]]. Diferenciábase do anterior polo seu carácter [[Eclecticismo|ecléctico]], pois recibiu influencias tanto do [[Platonismo]] coma do [[Aristotelismo]] e o [[Epicureísmo]].
Liña 33:
** [[Cicerón]] (parcialmente).
 
== Filosofía estoica ==
Para os estoicos, o [[Ben (filosofía)|ben]] era a virtude, e a virtude consistía na capacidade para soportaren con fortaleza e serenidade os golpes do destino. Todo canto lle ocorría ás persoas non só era inevitable, senón que era bo, porque formaba parte dunha orde superior, a orde do [[Universo]].
 
Liña 44:
A doutrina estoica que consideraba esencial cada persoa como parte de Deus e membro dunha familia universal axudou a romper barreiras rexionais, sociais e raciais, e preparar o camiño para a propagación dunha relixión universal. A doutrina estoica da lei natural, que converte a natureza humana en norma para avaliar as leis e institucións sociais, tivo moita influencia en Roma e nas lexislacións posteriores de Occidente. Ademais tivo importancia en correntes e filósofos posteriores como [[Descartes]] e [[Kant]]. Hoxe en día utilízase o termo ''estoico'' para referirse á actitude de tomarse as adversidades da vida con fortaleza e resignación.
 
=== Campos da filosofía estoica ===
No campo da '''[[lóxica]]''' desenvolveron a lóxica indutiva. Dividiron a lóxica en Retórica (ciencia do recto dicir) e Dialéctica (ciencia do recto discorrer).
 
Liña 53:
No campo da '''[[política]]''' defenderon o [[cosmopolitismo]], que dicía que todos os homes son iguais, logo han de vivir baixo un mesmo goberno. O estoico é un cidadán do mundo.
 
== Véxase tamén ==
=== Artigos relacionados ===
==== Conceptos ====
* [[Platonismo]] | [[Aristotelismo]].
* [[Epicureísmo]] | [[Escepticismo]].
==== Personalidades ====
* [[Heráclito]].
* [[Platón]] | [[Aristóteles]].
Liña 100:
[[lv:Stoicisms]]
[[mk:Стоицизам]]
[[mwl:Estoicismo]]
[[nl:Stoa]]
[[no:Stoikerne]]