Artaxerxes I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArthurBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hu:I. Artaxerxész
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: hu:I. Artaxerxész perzsa király; cambios estética
Liña 3:
'''Artaxerxes I''' (<[[latín]] ''Artaxerxes'', <[[Grego clásico|antigo grego]] ''Artaxérxês'' e ''Artoxérxês'', <[[antigo persa]] ''Artaxshaca'', >[[lingua persa|persa moderno]] ''Ardashir''; tamén '''Artaxerxes I Macrocheir''' e '''Artaxerxes I Lonxímano''') foi un rei [[aqueménida]] de [[Persia]] ([[-465]]/[[-464]] - [[-424]]), fillo e sucesor de [[Xerxes I]].
 
== Nome ==
 
O nome de Artaxerxes (persa ''Artaxshaca'') é interpretado en [[Heródoto]] <ref>Heródoto, ''Historias'' 6. 9. 3.</ref> como "gran guerreiro", aínda que isto foi rexeitado pola crítica moderna, que prefire traducilo como "o que reina no [[Arta]]", "o que reina na verdade e rectitude". Artaxerxes I recibe os alcumes de ''Macrocheir'' nas fontes gregas, e ''Longuímano'' (''Longimanus'') nas latinas; ambos significan "o da longa man".
 
== Sucesión ==
 
Artaxerxes era o segundo fillo de Xerxes e a raíña [[Amestris]]. Xerxes morreu asasinado por [[Artabano]], un oficial da corte, no ano [[-465]]; Artaxerxes tería por aquel entón ao redor de vinte anos. As fontes <ref>[[Ctesias]] ([[Focio]], ''[[Epítome]] de Pérsica de Ctesias'' 33-35 [http://www.forumromanum.org/literature/justin/english/trans_pr.html]); [[Diodoro Sículo]], ''Biblioteca Histórica''; [[Pompeio Trogo]] ([[Xustino]], ''Epítome de Historias Filípicas de Pompeio Trogo'' [http://www.forumromanum.org/literature/justin/english/trans_pr.html]).</ref> dinnos que Artaxerxes, enganado por Artabano, matou a Darío (primoxénito de Xerxes) créndoo asasino do seu pai, pero logo executou aos conspiradores. Aínda que os detalles (pola natureza das fontes, tardías e baseadas en rumores de corte) non se poden tomar ao pé da letra, o contexto xeral reflicte unha sucesión conflitiva.
Liña 13:
Un novo pretendente, que se trataría de [[Histaspes]], outro fillo de Xerxes, alzouse na [[satrapía]] de [[Bactriana]], pero foi derrotado ao pouco tempo.
 
== A rebelión exipcia ==
 
As desordes internas polas que pasaba o Imperio Persa foron aproveitados polo líder libio [[Inaro]] para rebelarse no [[Baixo Exipto]]. Coa axuda de mercenarios [[Atenas|atenienses]], a primeira expedición persa foi derrotada en Papremis cara ao [[-460]]. Aquemenes, o seu comandante, foi morto polos rebeldes, e as tropas persas refuxiáronse no "Castelo Branco" de [[Menfis]].
Liña 19:
No [[-456]], un exército persa comandado polos sátrapas [[Megabizo]] e [[Artabazo]] reprimiu a rebelión exipcia. Os mercenarios atenienses fuxiron a [[Cirene]], mentres que Inaro foi capturado e crucificado anos máis tarde <ref>Ctesias (Focio, [[ídem|íd.]] 36-39 [http://www.livius.org/ct-cz/ctesias/photius_persica.html]); Diodoro Sículo, íd. [http://www.perseus.tufts.edu/cgi-bin/ptext?doc=Perseus:text:1999.01.0084]; [[Heródoto]], íd.; [[Tucídides]], ''Historia da Guerra do Peloponeso'' 1. 4.</ref>.
 
== Artaxerxes e Grecia ==
 
A política de Artaxerxes con respecto a [[Grecia Antiga|Grecia]] concentrouse no debilitamento do predominio naval da [[Liga de Delos]], afianzado tras a [[batalla de Eurimedón]] (c.[[-468]]). Preto de [[-457]] unha embaixada persa foi enviada a [[Esparta]] para que esta lle declarase a guerra a Atenas, e así apartar a atención ateniense de Exipto. A embaixada foi infrutuosa, e logo da vitoria persa en Exipto houbo enfrontamentos con Atenas en [[Chipre]].
Liña 32:
Aínda que se teñen dúbidas sobre a existencia ou o contexto deste tratado, o fin das hostilidades directas entre a Liga de Delos e Persia fan pensar en, polo menos, un acordo verbal entre ambas partes <ref>[[Diodoro Sículo]], íd.; Plutarco, ''Vida de Conón''.</ref>.
 
== Familia real e corte ==
 
As fontes gregas píntannos un Artaxerxes firme en canto a política exterior, pero débil fronte á corte e as mulleres da familia real. Continuamente relacionan os feitos políticos con desexos de vinganza ou intrigas amorosas. Un problema aberto está en determinar canto hai nisto de rumores da época, de insercións literarias dos autores ou de prexuízos da sociedade grega, e canto reflexa con certo grao de veracidade a vida da corte en tempos de Artaxerxes.
Liña 38:
Entre as mulleres que se nos presentan con roles centrais dentro do reinado de Artaxerxes están a súa nai Amestris e a súa irmá [[Amitis]], esposa do sátrapa Megabizo. Damaspia, a raíña, deu a luz un único fillo, o futuro [[Xerxes II]]. Segundo Ctesias <ref>Ctesias (Focio, íd. 47).</ref>, Artaxerxes tivo setenta fillos máis, dos cales Sogdiano e Oco (futuro rei [[Darío II]]) disputarían o trono con Xerxes II. A súa filla [[Parisátide]] (a quen tivo cunha consorte babilonia) sería raíña de Darío II, con quen tería ao futuro rei [[Artaxerxes II]].
 
== Actividade construtora e inscricións reais ==
 
Artaxerxes construíu en [[Persépolis]] un palacio, do que hoxe quedan practicamente só os alicerces, e a chamada "Sala das Cen Columnas" (a sala do trono), iniciada por Xerxes. Crese que, seguindo o precedente de Xerxes e Darío, foi enterrado en [[Naqsh-i Rustam]] (6 km ao norte de Persépolis), aínda que a tumba que se lle atribúe é anónima.
Liña 44:
A maior parte das súas inscricións reais foron achadas en Persépolis. Estas están escritas tanto en persa como en [[lingua acadia|babilonio]] (é o último rei persa que o utiliza nos seus inscricións) e [[lingua elamita|elamita]], e son menores en extensión e cantidade cás dos seus predecesores.
 
== Notas ==
<references/>
 
== Bibliografía utilizada ==
* Olmstead, Arthur T.: ''History of the Achaemenid Empire'' (1959).
* Sancisi-Weerdemberg, Heleen (ed.): ''Achaemenid History: Proceedings of the Groningen 1983 Achaemenid History Workshop'' (1987).
* Schmidt, Rudgier: "Artaxerxes" e "Artaxerxes I", en ''Enciclopaedia Iranica"'' ([http://www.iranica.com edición en liña], 2002).
 
== Ligazóns externas ==
 
* [http://www.artehistoria.com Artehistoria.com]: [http://www.artehistoria.com/frames.htm?http://www.artehistoria.com/historia/personajes/4130.htm Biografía de Artaxerxes I]
Liña 87:
[[he:ארתחששתא הראשון]]
[[hr:Artakserkso I.]]
[[hu:I. Artaxerxész perzsa király]]
[[it:Artaserse I di Persia]]
[[ja:アルタクセルクセス1世]]