Diferenzas entre revisións de «Cerponzóns, Pontevedra»

+ datiños
m (arranxos de formato)
(+ datiños)
Limita con [[Alba, Pontevedra|Alba]], [[Verducido, Pontevedra|Verducido]] e [[Lérez, Pontevedra|Lérez]]. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en [[1868]] ao de Pontevedra.
 
==Patrimonio==
A igrexa parroquial é un templo orixinario do [[século XII]] con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxelios na outra. Tanto no seu interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cida decidade de Pontevedra, o [[río Lérez]] e a [[ría de Pontevedra]].
 
Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.
 
Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.
 
 
==Lugares e Parroquias==