Templo de Santalla de Bóveda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Estrutura: galería de fotos de detalles das pinturas
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Evolución histórica: foto do interior
Liña 42:
Na '''primeira fase''', o templo estaría formado por unha soa planta, cun [[adro]] porticado, unha aula e a ábsida. As paredes eran de [[cachotería]] irregular e a bóveda de canón feita en ladrillo, que é a que se conserva hoxe. No centro da aula estaría a piscina, que orixinalmente era maior cá actual, alimentada por canalizacións soterradas que permitían manter un nivel de auga constante.
 
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-19.JPG|thumb|250px|Vista da piscina central e, ó fondo, a porta que accedía á planta superior]]
Nunha '''segunda fase''' dividiuse a aula en tres naves mediante dúas arcadas feitas con arcos de medio punto de ladrillo; desta división, hoxe só se conservan as ménsulas que sostiñan aqueles arcos. As columnas destas arcadas obrigaron a cega-la piscina ou, máis probablemente, a reduci-las súas dimensións ás actuais. Desta época sería o friso de mármore nas paredes, o revocado da bóveda e as pinturas que cubrían esta, así como modificacións na fachada, entre elas a construción do arco de ferradura no acceso leste.