Cambio lingüístico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mt:Tibdil fil-Lingwa
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: li:Taolverandering; cambios estética
Liña 6:
Os '''cambios lingüísticos''' agrúpanse por conveniencia en tres niveis: o [[cambio fonético]], o [[cambio morfosintáctico]] e o [[cambio léxico-semántico]].
 
== Enfoque sociolingüístico ==
 
Na [[lingüística]] do [[século XIX]], a [[linguaxe]] considerábase como un ser biolóxico co seu nacemento, desenvolvemento ou evolución, e morte. Cada fase do desenvolvemento está marcada por unha serie de '''cambios lingüísticos'''.
Liña 12:
Nos últimos anos do [[século XX]], así a todo, a [[sociolingüística]] introduciu novas [[teoría]]s, grazas ós traballos de [[William Labov]], os seus discípulos e seguidores, que aportaron modificacións radicais ós postulados clásicos do '''cambio lingüístico''' propugnados polos [[neogramáticos]]. Para Labov é axiomático que a fala de tódolos individuos sexa variable, isto é, manifeste máis dunha forma. Esta variabilidade é observable tamén nas comunidades das [[fala]]s ás que pertencen os individuos. Con esta variabilidade estase poñendo de relevo que existe unha motivación social.
 
== Causas externas do cambio lingüístico ==
 
No cambio lingüístico chamamos causas externas ás que están motivadas por factores sociolingüísticos relacionados coa historia dos falantes da lingua, como os seus contactos con outras persoas doutras linguas, os factores demográficos e as súas influencias culturais.
 
== Causas internas do cambio lingüístico ==
 
As causas internas do cambio lingüístico son aquelas relacionadas coa estrutura da propia lingua e o equilibrio que toda lingua debe manter entre facilidade de produción e facilidade de comprensión. As causas internas maniféstanse na existencia de cambios lingüísticos que se presentan xuntos, así por exemplo a perda de certas consoantes finais en [[latín]] erosionou a [[flexión (lingüística)|flexión nominal]] e iso á súa vez fixo que, para seguir expresando sen ambigüidade as relacións sintácticas, a orde de palabras fose máis fixa (suxeito-verbo-obxecto).
Liña 30:
[[hu:Nyelvi változás]]
[[it:Cambiamento linguistico]]
[[li:Taolverandering]]
[[mt:Tibdil fil-Lingwa]]
[[nl:Taalverandering]]