Confederación Africana de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Deporte en progreso}}
 
A '''Confédération Africaine de Football''' é o organismo internacional que reúne ás asociacións nacionais de [[fútbol]] do [[África|continente africano]], encárgase de administrar e controlar as diferentes [[competición]]s de [[selección]] e de [[club]]s que teñen lugar no continente. Tamén é coñecida co seu acrónimo '''CAF'''.
 
==Historia e características==
A CAF é unha das 6 confederacións que compoñen a [[FIFA]]. As características do continente (o seu forte empobrecemento, falta de recursos económicos e infraestruras, etc.) foron unha grande eiva para o desenvolvemento do fútbol na rexión que enlixou en parte a imaxe desta confederación ao longo dos anos, a pesar dos grandes xogadores e seleccións que teñen saído do continente africano. Porén esta imaxe está a mudar nos últimos anos, tamén en parte grazas ao apoio da propia FIFA, ao aumentar o número de prazas que esta confederación ten nos [[Mundiais de Fútbol]], subindo a 5 na edición de [[1998]] e a 6 na de [[2010]]. Precisamente esta última edición do mundial, a desenvolver en 2010 será unha grande proba para o continente xa que por primeira vez na historia será un país africano, a República Sudafricana, a encargada de organizar o evento.