Ronnie Simpson: Diferenzas entre revisións

futbolista británico
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de xullo de 2006 ás 20:37

Lendario gardamallas escocés do Celtic que foi quen de consegui-la única Copa de Europa que ten o clube católico aló polo 1967.

Ronnie Simpson naceu no 1930 pra morrer o 19 de Abril de 2004 coma resultado dun infarto ó miocardio.

Ademais de formar parte dese mítico Celtic entre as tempadas de 1964 á de 1970, tiña defendido anteriormente as cores do Queen's Park, do Third Lanark, do Newcastle United e mais do Hibernian nesta orde.

Puido vesti-la camisola nacional en 5 ocasións chegándolle o debú con 36 anos por incrible que poida semellar. De feito, foi un daqueles xogadores que venceron en Wembley no 1967 por 2-3 a unhos ingleses que dende que quedaran campións do mundo no ano anterior non perderan deica ese intre.

Foi fillo de Jimmy Simpson, un defensa central que chegara a xogar coa selección escocesa de fútbol e que pertencera ó Rangers por curioso que poida resultar e ó Dundee United.

Coma adestrador tan só estivo en activo un ano no mando do Hamilton Academical F.C..

A nivel persoal cómpre salienta-lo galardón recibido en 1967 de Xogador escocés do ano segundo a Asociación de xornalistas do fútbol escocés.