Mac OS: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MastiBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: et:Mac OS
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: ko:맥 OS; cambios estética
Liña 2:
'''Mac OS''' é un [[sistema operativo]] utilizado nos computadores [[Apple]]. Na actualidade estáse a comercializar a versión 10.4 do '''[[Mac OS X]]''', a última versión do sistema.
 
== Aparición ==
A primeira versión deste sistema foi lanzada ó mercado en [[1984]], coincidindo co primeiro ordenador [[Macintosh]]. Ó igual que os sistemas empregados en anteriores máquinas de Apple introducía unha interface gráfica manexada mediante o [[rato]], fronte ós [[PC]] de [[IBM]] desa época, que utilizaban [[MS-DOS]].
 
Porén, a realidade é que o seu éxito no mercado foi relativo, especialmente tras a xeralización das máquinas PC e a introdución do [[Microsoft Windows]]. En calquera caso, sempre mantivo unha cuota de mercado aceptable, ó redor dun 5%. Co paso dos anos, os problemas financeiros de Apple e a escasa innovación, xunto coa competencia de alternativas [[libres]] como [[Linux]] puxeron en serio risco a continuidade da plataforma.
 
== Mac OS X ==
{{Ver artigo principal|Mac OS X}}
No ano [[2001]] Apple introduciu a versión 10 deste sistema. Esta versión foi revolucionaria, xa que supuxo a ruptura coa liña de desenvolvemento existente ata entón: é un sistema novo, cun fondo [[UNIX]], e que para manter a compatibilidade co software existente ata entón sírvese dun [[emulador]]. A introdución deste novo sistema, bautizado como [[Mac OS X]], xunto co éxito doutras áreas comerciais da empresa ([[iPod]]) fai que a supervivencia da plataforma pareza garantida.
 
== Evolución da súa compatibilidade ==
No [[2005]] Apple tomou a decisión de deixar de incorporar procesadores [[PowerPC]] nas súas máquinas e comezar a empregar [[Intel]] [[Pentium]]. Isto abre as portas da compatibilidade deste sistema con máquinas PC, e de feito nese mesmo ano comezaron a aparecer os primeiros desenvolvementos extraoficiais con ese obxectivo, aínda que nin contan co apoio da compañía nin con respaldo legal. Nun futuro, porén, non é descartable a aparición dunha versión oficial para PC.
 
== Véxase tamén ==
 
* [[Apple Computer]]
* [[Macintosh]]
* [[Mac OS X]]
 
== Ligazóns externas ==
 
* [http://www.apple.com/macosx/ Apple - Mac OS X] - Páxina oficial (en inglés).
 
[[Categoría:Mac OS| ]]
Liña 58:
[[ja:Mac OS]]
[[kaa:Mac OS]]
[[ko:맥 오에스OS]]
[[ku:Mac OS]]
[[lb:Mac OS]]