Casa de Lancaster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
Henrique V reanudou a antiga reclamación do trono de Francia por parte de [[Eduardo III]], retomando entón a [[Guerra dos Cen Anos]].Conseguiu varias victorias contra os franceses, sendo a máis destacable a obtida en [[Azincourt]], no ano 1415. Logo converteuse en aliado de [[Borgoña]], unha das ramas da [[Casa Real de Valois]]. No ano 1420 firmouse o [[Tratado de Troyes]], sendo o [[Duque de Borgoña]] o que actuou de intermediario entre Henrique V e [[Carlos VI de Francia]]. Por este acordo Henrique casaría coa filla de Carlos IV, Catarina, asumindo así a rexencia de Francia e negando de paso o dereito ao trono do fillo herdeiro do monarca francés, o [[Delfín Carlos]]. Sen embargo, a sorte quixo que Henrique V morrese antes que o monarca francés. Cando éste morreu, a coroa francesa foi herdada por Henrique VI, o infante de Henrique V de Inglaterra e [[Catarina de Francia]], en cuxos nomes os rexentes gobernaron Inglaterra e Francia.
A situación do novo monarca Henrique VI, que buscaba a súa xustificación no Tratado de Troyes, só foi recoñecida naqueles territorios franceses baixo dominio inglés ou dalgún dos seus aliados. Baixo a liña marcada polo Loira os franceses recoñecían ao Delfín Carlos, fillo do finado Carlos VI, como Carlos VII de Francia. Ao principio, o novo monarca dos Valois intentará aumentar o seu control sobre Francia. O momento decisivo chegou coa intervención de [[Xoana de Arco]], que fará que o Valois extenda o seu poder a todo o territorio francés, culminando este proceso na coroación real de 1429 en Reims.
Foi neste momento cando os rexentes ingleses en París reaccionaron nomeando, no ano 1431, a Enrique VI como rei de Francia. De tódolos xeitos os renovados esforzos dos Valois, incluíndo importantes reformas militares, xunto coa crecente debilidade da monarquía inglesa (o rei comezaba a ter problemas coa nobleza), fixeron que Inglaterra, no ano 1453, perdese tódolos territorios franceses a excepción do porto de Calais. O goberno da Casa de Lancaster en Francia tocara ao seu fin.
 
 
[[bg:Ланкастър (династия)]]