Juan Velasco Alvarado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
== Carreira militar ==
En [[1929]], emigrou a Lima, onde se incorporou ao [[Exército do Perú|exército]] como recruta. Logo, asistiu á Escola Militar de Chorrillos, de onde saiusaíu como subtenente de infantaría. Pasou a estudar á Escola Superior de Guerra ([[1944]]), onde máis tarde foi profesor de Infantaría, Táctica e Estado Maior ([[1946]]). Co grao de [[tenente coronel]] dirixiu a Escola Militar ([[1952]]), para despois ocupar un cargo similar á fronte da Escola de Infantaría, até chegar a xefe de Estado Maior da IV División do Centro de Instrución Militar do Perú ([[1955]]-[[1958]]).
 
Ascendido a Xeneral de Brigada do Exército do Perú no goberno de [[Manuel Prado Ugarteche]] en [[1959]], foi Agregado Militar na Embaixada do Perú en [[París]], [[Francia]] ([[1962]]) e, para [[1965]], era xa Xeneral de División EP. En xaneiro de [[1968]], asumiu o Comando Xeral do Exército e a presidencia do Comando Conxunto das Forzas Armadas do Perú, cargo que foi creado polo goberno de Manuel Prado Ugarteche.