Grimoaldo I de Benevento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nonso91 (conversa | contribucións)
Nonso91 (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
== Os búlgaros de Benevento==
O rei Grimoaldo está na orixe da presenza de [[búlgaros]] en país beneventino. Tras ter acollidoacoller, sobre [[665]], a estes últimos como simples [[mercenario]]s co seu [[khan]] [[Alzec]] (Alzek, Alzeco), este último decide ficar en Italia e convértese en duque e «gastald» longobardo. Polos servizos prestados, Grimoaldo instálaos no ducado de Benevento con mulleres e fillos e implántanse en [[Molise]], rexión bastante ruda situada ao norte de Benevento, nas terras desoladas que comprenden as cidades de [[Boiano]], [[Campobasso]], [[Iserno]], [[Sepino]], [[Roccamandolfi]], [[Morionne]], [[Vicenne]]; a capital búlgara estaba situadasita na actual aldea de [[Cantalupo nel Sannio]], cuxo nome viría do búlgaro «Khân-Teleped» que significa a «Base do Khan».
 
Estes búlgaros forman un agrupamento distinto polo menos ata principios do [[século IX]], conservando os seus usos e costumes e mesmo a súa lingua (isto pode aclararnos un feito importante: un século e medio despois da súa chegada a Italia, estes búlgaros, pouco numerosos, continuaban a falar a lingua dos seus devanceiros). O erudito longobardo [[Paulo Diácono]] menciónaos igualmente na súa preciosa «[[Historia dos longobardos]]» (acabada sobre [[789]]), precisando que este destacamento do pobo búlgaro coñecido co nome de «Búlgaros de Benevento», practicaban aínda a súa lingua falando tamén o dialecto local ou o latín. Destacamentos eslavos seguen aosos búlgaros e fíxanse tamén na rexión. Deixan de formar probabelmente un grupo distinto no curso do [[século IX]]. Con todo, parece aínda que en plena época da Italia [[Normandos|normanda]] ([[século XI]]/[[século XII|XII]]), algúns grupos se definen aínda como búlgaros, xustamente na rexión de Molise, a menos que se trate dunha inmigración búlgara posterior.
 
==Herdanzas==