Argumento ad hóminem: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: fa:حمله شخصی; cambios estética
Liña 9:
O argumento ad hóminem é unha das falacias lóxicas máis coñecidas. Tanto a falacia en si mesma como a acusación de servirse dela utilízanse como recursos en discursos reais. Como unha técnica [[retórica]], é poderosa e úsase a miúdo —a pesares da súa falta de [[sutileza]]— para convencer a aqueles que se moven máis por sentimentos e por costumes acomodaticios que por razóns lóxicas.
 
== Uso ==
Unha falacia ad hóminem consiste en afirmar que un argumento de alguén é erróneo ''só'' por algo referente á persoa, non por problemas no argumento en si. O simple feito de insultar a unha persoa dentro dun discurso — doutro modo racional—racional— non constitúe necesariamente unha falacia ad hominem. Debe quedar claro que o propósito do ataque é desacreditar á persoa que está ofrecendo o argumento e, especificamente, convidar aos demais a non tomaren o que afirma en consideración.
 
Non todos os argumentos ad hóminem son negativos. É posible argumentar que algo é certo por quen é que o afirma ([[argumento de autoridade]]).
 
== Validez ==
O argumento ad hóminem é falaz cando se aplica á dedución, e non á evidencia (ou [[premisa]]) dun razoamento aínda que se pode aplicar tanto á dedución como á evidencia por medio da persuasión.
 
Liña 21:
As premisas que desacrediten a unha persoa poden existir en razoamentos válidos, cando a persoa criticada é a única fonte dunha proba usada nun dos seus argumentos.
 
== Subtipos ==
Identifícanse tres variedades tradicionais da falacia ad hóminem: '''ad hóminem abusivo''', '''ad hóminem circunstancial''' e '''[[tu quoque]]'''.
 
=== Ad hóminem abusivo ===
O ad hóminem abusivo (tamén chamado ''argumentum ad personam'') frecuentemente consiste nun simple (e normalmente inmerecido) insulto ao opoñente, pero tamén pode implicar a mención de erros de carácter ou accións discutibles. A razón pola que é falaz é porque, normalmente, os insultos e mesmo os defectos do opoñente non afectan á veracidade ou ao soporte lóxico das afirmacións do opoñente.
 
Liña 36:
O feito de que Xoán se sinta atraído polas rapazas non invalida o seu argumento de que Miguel fose un estafador, e ambos os dous feitos carecen de relación ningunha entre si.
 
=== Ad hóminem circunstancial ===
O ad hóminem circunstancial implica mencionar que alguén se atope nunha circunstancia na que está predisposta a tomar unha determinada posición. Esencialmente consiste en atacar a neutralidade do interlocutor. A razón pola que é falaz é porque as predisposicións do opoñente non afectan á veracidade dos seus argumentos desde un punto de vista lóxico.
 
Liña 49:
É importante distinguirmos entre un razoamento [[racionalidade|racional]] e un correcto segundo a [[lóxica]]. Estes razoamentos non son correctos se se olla estritamente a súa lóxica.
 
=== Tu quoque ===
{{AP|tu quoque}}
''Tu quoque'' (literalmente, "ti tamén") pode denominarse tamén como o "argumento da [[hipocresía]]". Prodúcese cando unha afirmación se descarta ou ben porque é inconsistente con outras afirmacións que fixo o interlocutor ou ben porque é insconsistente coas súas accións.
Liña 61:
O feito de que alguén estea bébedo ou sexa un alcohólico non invalida, desde un punto de vista estritamente lóxico, o argumento de que beber alcohol en exceso é malo para a saúde.
 
== Véxase tamén ==
* [[Locucións latinas]]
* [[Argumentum ad verecundiam]]
 
[[Categoría:Falacias]]
Liña 76:
[[eo:Logika trompo#Atako kontraŭ homo (argumentum ad hominem)]]
[[es:Argumento ad hominem]]
[[fa:حمله شخصی]]
[[fa:مغالطه توسل به شخص]]
[[fi:Argumentum ad hominem]]
[[fr:Argumentum ad hominem]]