Dana (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Na mitoloxía celta, '''Dana''' ou Danu, tamén chamada Anu ou Ana, é o nome irlandés (Dôn en galés) da nai de Dagda (o Bó Deus), polo que por nacemento pertencía ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2010 ás 10:50

Na mitoloxía celta, Dana ou Danu, tamén chamada Anu ou Ana, é o nome irlandés (Dôn en galés) da nai de Dagda (o Bó Deus), polo que por nacemento pertencía ós deuses da vida, a luz e o día. Era compañeira do Bile irlandés, que semella corresponderse co Dis Pater latino, deus do cal se consideraban descendentes os galos. O seus seguidores eran coñecidos coma Tuatha Dé Danann, que significa Fillos de Dana. O nome desta deusa pode ter relación cos nomes doutras deusas semellantes do territorio indo-europeo, coma pode ser Anna Purna na India.

Atinxíallese o título de deusa da literatura. Foi nai de: Govannon, Llud, Amaethon, Gwydion e da deusa Arianrod. Nembargantes, no cristianismo, é relacionada coa Santa Ana, a nai de María.