Peto verde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Kmoksy (conversa | contribucións)
Adorian (conversa | contribucións)
m →‎Distribución e hábitat: Ligazóns internas
Liña 21:
 
== Distribución e hábitat ==
Os petos verdes viven na maior parte de [[Europa]] e [[Oriente Próximo]]. Están presentes dende o sur de Escandinavia e [[Gran Bretaña]] pasando por máis da Europa continental ata á conca mediterránea. Polo sueste chegan ata ó [[Cáucaso]], [[TurkmenistanTurcomenistán]] e o norte de [[IranIrán]]. Os límites da súa distribución están sinalados polos bosques de coníferas polo norte e as estepas e semidesertos polo sur.
Prefiren vivir en áreas semiabertas con presenza de árbores vellas, coma beiras de bosques, hortas de frutais pouco mestas, parques, soutos e xardíns con moitas árbores. Dentro dos bosques meirandes atópanse só en áreas con moita luz, coma grandes claros. Amosan unha grande preferencia polos bosques de folla caduca, faltando ou sendo moi raros nos bosques de coníferas.
[[Ficheiro:Picus viridis dis.png|thumb|280px|Distribución do peto verde]]
O feito de estaren especializados en alimentarse de formigas que viven no chan, fai que a súa presenza en áreas de [[inverno]]s moi fríos con grandes nevadas sexa reducida. As súas poboacións son máis abundantes nas terras baixas e ata os 500 metros de altura nas montañas.
 
== Conduta ==