Casa de Lancaster: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 16:
==A cuestión francesa==
 
Henrique V reanudou a antiga reclamación do trono de Francia por parte de [[Eduardo III]], retomando entón a [[Guerra dos Cen Anos]].Conseguiu varias victorias contra os franceses, sendo a máis destacable a obtida en [[Azincourt]], no ano 1415. Logo converteuse en aliado de [[Borgoña]], unha das ramas da [[Casa Real de Valois]]. No ano 1420 firmouse o [[Tratado de Troyes]], sendo o [[Duque de Borgoña]] o que actuou de intermediario entre Henrique V e [[Carlos VI de Francia]]. Por este acordo Henrique casaría coa filla de Carlos IV, Catarina, asumindo así a rexencia de Francia e negando de paso o dereito ao trono do fillo herdeiro do monarca francés, o [[Delfín Carlos]]. Sen embargo, a sorte quixo que Henrique V morrese antes que o monarca francés. Cando éste morreu, a coroa francesa foi herdada por Henrique VI, o infante de Henrique V de Inglaterra e [[Catarina de Francia]], en cuxos nomes os rexentes gobernaron Inglaterra e Francia.