Centro Georges Pompidou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: zh-min-nan:Georges-Pompidou Tiong-sim; cambios estética
Liña 11:
| Inauguración = 1977
| Superficie =
| Horario = Mércores a Luns:<br />11:00–22:00<br />Martes:<br />Pechado
| Visitantes = 5.100.000 (2006)
| Dirección = Place Georges Pompidou
Liña 20:
O centro foi construído durante o mandato do presidente francés [[Georges Pompidou]], o cal faleceu antes de que se rematase o edificio. Foi o seu sucesor, [[Valéry Giscard d'Estaing]], quen o inaugurou en [[1977]]. Rehabilitado entre [[1997]] e decembro de [[1999]], volveu abrir as súas portas ao público o [[1 de xaneiro]] do [[2000]]. É un dos monumentos máis visitados de [[Francia]], con preto de seis millóns de visitantes ao ano.
 
== Datos arquitectónicos ==
 
O Centro Pompidou foi deseñado polos entón novos arquitectos [[Renzo Piano]] e [[Richard Rogers]]. O edificio é dun estilo que foi moi innovador nos [[anos 1970|anos 70]], cadrado, de estrutura industrialista, con elementos funcionais, condutos, escaleiras, etc., visibles dende o exterior. As conducións de auga, aire ou electricidade foron pintadas de cores rechamantes e extraídos da parte principal do edificio, para deixar un interior diáfano. Aínda que se desatou unha polémica cando foi acabado, hoxe día a xente afíxose ao seu peculiar aspecto e goza de moita popularidade. É un dos primeiros edificios da [[arquitectura high-tech]].
 
== Proxecto ==
 
O presidente de Francia, [[Georges Pompidou]], quen gobernou dende [[1969]] ata [[1974]], quixo revitalizar o barrio de [[Ácheslles]], unha zona deprimida económica e socialmente. Nel atopábase o mercado de abastos, un enorme centro que vendía produtos por xunto e polo miúdo. Foi deseñado na época de [[Napoleón]], e o seu primeiro proxecto era historicista, ao cal, o emperador negouse. Así pois, este enorme mercado tivo un deseño máis funcional, con cubertas en tódolos pavillóns e rúas, e con estrutura metálica. Pompidou, para revitalizar o 4e Arrondissement, decidiu derrubar este mercado xa que desprendía malos cheiros e producía un tráfico caótico. No seu lugar construír o edificio da bolsa, de planta circular, uns xardíns e un novo centro comercial con conexión á estación de metro do barrio.
Liña 32:
Estes dous arquitectos gañaron o concurso, grazas ao seu excelente proxecto, e, en parte grazas a dous membros do xurado. Un deles era [[Philip Johnson]] ([[1906]]-[[2005]]), un [[Estados Unidos|estadounidense]] da corrente miesiana que introducira a arquitectura europea nos [[Estados Unidos]] logo da [[II Guerra Mundial]]. O outro foi [[Jean Prouvé]] ([[1901]]-[[1984]]), un francés da póla dos arquitectos franceses que unían a tecnoloxía á arquitectura nos anos 1950. Prouvé, influído por Lle Ricolais, enxeñeiro experimental que probaba estruturas metálicas lixeiras e tensadas, estivo moi interesado na tecnoloxía e por iso gustoulle bastante o proxecto de Piano e Rogers. Foi Prouvé o maior impulsor en dar a vitoria a estes dous mozos. A construción do Pompidou comezou en [[1970]]. Catro anos máis tarde, o entón Presidente de Francia [[Georges Pompidou]], finou, polo que as obras do edificio sufriron un importante parón. Foi a viúva do presidente francés a que fixo que se rematase con éxito en [[1977]].
 
== Influencias arquitectónicas ==
 
O Centro Pompidou contrasta enormemente cos edificios que o rodean. Así, a forma, as cores e a altura deste edificio resultan ser rechamantes para a súa contorna no momento no que se construíra e tamén hoxe en día. A súa función foi tamén estraña para a época na que se fixo. Un centro que reunía arquitectura, arte moderna, arte antiga, libros e lugares onde os nenos “xogaban coa arte” non era corrente entón. O seu museo de arte contemporánea é o máis importante do mundo. En canto á súa aparencia exterior, o armazón de barras, tubos e elementos tecnolóxicos que se xuntan nas fachadas fai que o Pompidou pareza un xoguete tecnolóxico, semellante a un [[Meccano|Meccano]]. É chamado polos parisinos “A fábrica de gas”. Esta estridencia que tanto o caracteriza formaba parte das pretensións do concurso.
 
O Centro Pompidou é un dos primeiros edificios da corrente [[Hig Tech]]. Está notablemente influído pola arquitectura de [[Mies Van der Rohe]] e pola do grupo [[Archigram]]. En canto á influencia do arquitecto alemán, apréciase no edificio o racionalismo propio da súa Arquitectura Moderna no sentido de que o inmoble é entendido como un colector baleiro no que se poida meter calquera cousa. O interior do Pompidou é completamente diáfano e é entendido por Johnson como un colector con espazos interiores móbiles. As grandes luces están salvadas por un total de catorce enormes vigas vierendel paralelas entre si e perpendiculares á fachada da praza. A influencia do grupo Archigram, é palpable nas novas e complicadas formas que ten o edificio en canto aos moitísimos tubos, barras e estruturas que invaden as fachadas. Archigram creou numerosos deseños nos [[anos 1960]] cheos de fantasía e looks sicodélicos con influencias ''hippies''. Nos seus proxectos abundaban os tubos, cores e estruturas metálicas exteriores.
 
== Entorno urbano ==
 
[[Ficheiro:Centre Pompidou Artlibre jnl 4.jpg|thumb|250px|Vista da praza e edificios do entorno.]]
Liña 51:
 
 
== Estruturas ==
 
O edificio ten en cada un dos [[forxado]]s trece ocos limitados por catorce [[viga]]s vierendel paralelas. Estas pezas son dun enorme tamaño e son prefabricadas, polo que houbo que facer un gran despregamento loxístico para levalas ao solar da construción. As vigas son visibles nas [[fachada]]s laterais (a norte e a sur). As vigas de diferentes plantas únense entre si con tensores. Os [[alicerce]]s do Pompidou son metálicos con sección redonda. Hai unha estrutura inventada neste edificio coñecida polo nome de ''Gerberette''. Son unhas pezas metálicas horizontais ancoradas aos alicerces por un dos extremos a xeito de voladizos. Teñen unha sección curva e a súa función é suxeitar as estruturas metálicas que sobresaen das fachadas oeste e leste. O seu inventor foi o enxeñeiro alemán [[Gerberett]], e deseñáronse para ampliar a superficie das pontes. Deste xeito, obsérvase que toda a estrutura do Pompidou é metálica, incumprindo aparentemente a normativa parisina contra incendios. Con todo, esta lexislación é respectada xa que os alicerces están refrixerados pola auga que hai no interior de cada un deles.
Liña 58:
 
 
== Instalacións ==
No centro da fachada de servizo (a fachada leste, a oposta á praza) hai unha torre con tres ascensores exteriores, e na fachada da praza (a fachada oeste) hai unha escaleira exterior que cruza o edificio de esquerda a dereita (segundo se mire dende a praza), que está dentro dun tubo transparente e se atopa dividida en treitos. É esta fachada a única que é mediática, é dicir, que nela se fixan carteis de gran tamaño con fins comerciais. O Pompidou tiña tres plantas subterráneas empregadas como aparcadoiros, pero logo da restauración de [[1997]] pasou a ter dúas. O Pompidou ten un total de sete andares situados sobre o nivel do chan. A planta é rectangular, sendo os lados máis longos os correspondentes á fachada da praza e a de servizo. No derradeiro andar hai un famoso restaurante de comida de fusión. Ten un patio situado na esquina superior dereita (segundo se mire ao edificio dende a praza). A esta terraza accédese pola escaleira exterior da fachada da praza. Dentro do restaurante hai pezas "[[Frank Gehry|GehriescaGehriescas]]s" de clara influencia deconstrutivista que non gardan relación co estilo do Pompidou. Estas esculturas foron deseñadas por unha parella de arquitectos e colocadas na reforma de [[1997]].
 
As instalacións e estruturas do edificio teñen unha serie de cores que serven de código para que o visitante saiba a función que ten cada elemento. As pezas pintadas de [[vermello]] cumpren coa función de comunicación ([[ascensor]]es e escaleiras), o [[azul]] é a climatización, o [[verde]] as instalacións da auga (fontanería, desaugadoiros,...), o [[amarelo]] é a electricidade, e o [[branco]] as tomas e extraccións de [[aire]]. A escaleira exterior da fachada da praza ten os seus forxados inclinados pintados de vermello. As escaleiras, que son mecánicas, están recubertas por un tubo de sección circular transparente. Están divididas en varios tiros, e entre cada treito hai unha zona chaira que comunica cunha planta. Dentro do tubo hai moitos elementos tecnolóxicos para dificultar a percepción espacial.
Liña 67:
 
 
== Interior ==
 
 
Liña 73:
A pesares de que tódolos tubos e barras non deixen ver as fachadas do Pompidou, o interior é bastante luminoso xa que o acristalamiento é continuo. Polos teitos interiores pasan tódalas tubaxes e elementos que hai nas fachadas, estando todos estes elementos á vista. Deste xeito, dentro do edificio conséguese esa mesma imaxe de caos e maraña de elementos tecnolóxicos propia do exterior. [[Renzo Piano]] colocou sobre cada obra de arte un pequeno falso teito para protexela visualmente da rede de tubos que hai no teito e evitar que a mirada se distraia ao contemplar a obra exposta.
== Ligazóns externas ==
 
{{Commons|Centro Georges Pompidou}}
* [http://www.visitandoeuropa.com/paris/monumentos/centro-pompidou.html Guía para visita-lo Centro Pompidou]
* [http://www.cnac-gp.fr/Pompidou/Accueil.nsf/Document/HomePage?OpenDocument&L=3 Web do '''Centro Pompidou''']
* [http://maps.google.com/maps?q=paris&ll=48.860480,2.352297&spn=0.004178,0.006747&t=k&hl= Centro Pompidou en imaxe de satélite (google)]
 
[[Categoría:Museos de arte contemporánea]]
[[Categoría:Museos de París|Pompidou, París]]
[[Categoría: Arquitectura en París]]
 
[[ar:مركز جورج بومبيدو]]
Liña 120:
[[vi:Trung tâm Georges-Pompidou]]
[[zh:龐畢度中心]]
[[zh-min-nan:Georges-Pompidou Tiong-sim]]