Lingua friulana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eo:Friula lingvo
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: vec:Łéngoa furlana; cambios estética
Liña 36:
No entanto, alcanzouse certo consenso achega do período de formación do friulano, que remonta ao ano [[1000]], contemporaneamente a outras linguas romances derivadas do [[latín vulgar]]. Os primeiros termos en friulano aparecen en actas administrativas do [[século XIII]], pero só a partir do [[século XIV]] os documentos fanse máis numerosos e, ademais dalgún documento comercial, aparecen os primeiros testemuños literarios, como os ''Frammenti letterari'', todos orixinarios de Cividale, que xa se consolidou como centro do Friuli.
 
=== Relación co ladino ===
A teoría da "unidade ladina" débese ao máis importante glotólogo italiano do [[século XIX]], Graziadio Isaia Ascoli, nativo de [[Gorizia]]. En [[1871]], presentou a súa teoría de que, en tempos, estas linguas estendíanse dende [[Muggia]] e quizais desde a parte setentrional de [[Istria]] até [[Suíza]]. A continuidade interrompeuse durante a historia, e quedaron as tres linguas actuais: o [[romanche]], o [[Lingua ladina|ladino]] e o friulano, que evolucionaron de maneira separada. Esta hipótese foi corrixida e precisada sucesivamente por outros estudosos; en particular, Francescato precisou as diferenzas co friulano e o veneciano; con este último, a separación remontaríase ao [[século X]], ao longo do histórico límite do Livenza. As últimas teorías reorganizan ou en todo caso anticipan a teoría da unidade ladina, que corresponde a unha fase lingüística bastante antiga; a diferente evolución que se acha dentro desta familia tamén se debe á escasa influencia do alemán e as linguas xermánicas sobre o friulano, mentres que esta influencia aínda é forte no ladino e o romanche.
 
== Literatura ==
Os primeiros textos en friulano remóntanse ao [[século XIII]] e son na súa maioría actas comerciais ou xurídicas. Nestes casos, o friulano utilizábase xunto co [[latín]], que era aínda a lingua administrativa. Os principais exemplos literarios que sobreviviron son poesías do [[século XIV]], cuxo tema principal era o amor e estaban inspiradas, talvez, polo movemento poético italiano Dolce Stil Novo. A obra máis famosa é ''Piruç myò doç inculurit'' (que significa "A miña pera doce e colorida"), composta por un autor anónimo de Cividale, probablemente en [[1380]].
<center>
Liña 54:
Hai poucas diferenzas nas primeiras dúas filas, o que demostra que non houbo unha gran evolución na lingua excepto en varias palabras que xa non se usan (por exemplo, ''dum(n) o'', que significa "neno" e que en tempos pasados usábase moito). Un falante de friulano dos nosos días pode entender estes textos con pouca dificultade. O segundo período importante para a literatura friulana foi o [[século XVI]]. O autor principal deste período foi [[Ermes dei Colorêt]], que compuxo ao redor de 200 poemas.
 
== Estado actual ==
[[Ficheiro:Cartel par talian e furlan.jpg|thumb|right|Neste cartel de entrada aparecen os topónimos en italiano e friulano]]
Hoxe en día, o friulano é recoñecido oficialmente en [[Italia]] ao amparo da lei 482/1999, que protexe ás minorías lingüísticas. Por iso, introduciuse o ensino do idioma en varias escolas primarias. Existe un xornal en liña, e hai tamén certa cantidade de grupos musicais que utilizan o friulano nas súas cancións, así como algunhas compañías teatrais. Recentemente rodáronse dúas películas en friulano (''Tierç lion'', ''Lidrîs cuadrade dei trê''), que recibiron críticas positivas por parte dos xornais italianos. En cerca do 40 por cento dos municipios da [[Provincia de Udine]], as sinais de tráfico están tanto en friulano como en italiano. Tamén existe unha tradución oficial da [[Biblia]] ao friulano. En [[2005]], unha coñecida marca de cervexa empregou este idioma para un dos seus ''anuncios'' publicitarios.
Liña 81:
''No pues vignî fûr cun te vuê, o ai di studiâ''
 
== Ligazóns externas ==
{{InterWiki|code=fur}}
* [http://www.provincia.udine.it/p2k/Home/Ente/Uffici/Istituzionale/Promozione%20delle%20idenit_/Lingua%20Friulana%20e%20altre%20Lingue%20Minoritarie/Imparare%20il%20Friulano/~Grafia%20friulana%20normalizzata_doc/_cvt.pdf Ortografía oficial]
Liña 92:
* [http://www.cfl2000.net/cfl2000/index.php Grant Dizionari Bilengâl Talian Furlan]
* [http://www.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=58386 Versión friulana de OpenOffice.org]
 
{{Link FA|lmo}}
 
{{Lingua románica}}
 
[[Categoría:Linguas románicas|Friulano]]
 
{{Link FA|lmo}}
 
[[af:Friulaans]]
Liña 153:
[[szl:Furlańsko godka]]
[[tr:Furlan]]
[[vec:FurlanŁéngoa furlana]]
[[wa:Fôrlan]]
[[zh:弗留利语]]